Títulos e diplomas conservados en formato dixital:
Diploma da concesión do título de socia de honor outorgado a Josefa Álvarez pola sociedade "Club Navia de Suarna" (1941)
Diploma da concesión da medalla de ouro colectiva ao mérito no traballo das asociacións e centros españois en Iberoamérica outorgado polo Ministro de Traballo (1969)
Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección
Regulamento da "Sociedad de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/02/1918 e Regulamento interior da Escola "Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado o 09/08/1918 (28 páxinas), publicados de maneira conxunta e conservados en formato dixital e impreso.
Estatutos de la Asociación de Puentedeume y su Partido Judicial, recreo y beneficencia, conservados en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Estatutos aprobados o 21/07/1944: dixitalizadas e impresas as páxinas 1-5 e 36-39.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
Libro de rexistro de socios da sociedade "Puentedeume y su Partido Judicial" dende 1974 ata 2002, dixitalizado dende 1974 ata 1997 (18 follas), conservado en formato dixital.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
Fotografías tomadas durante as actividades da sociedade "Puentedeume y su Partido Judicial": Xunta Directiva "Eumeses", Xunta Xeral, Panteón Agustín Gual Tella, excursións, certificados, etc., conservadas en formato dixital.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.
Certificado da "Dirección General de Rentas e Impuestos" do "Ministerio de Hacienda" de que a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Silleda, Sociedad de Beneficencia y Recreo" foi inspeccionada o día 26/07/1947 para comprobar o cumplimento da "Ley del Timbre", conservado en formato dixital.