Amosando 28 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Previsualización da impresión Ver:

Proxecto cultural

Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Plus Ultra : Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago

O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.

Número conservado en formato papel:

1977: n. 11

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Ficheiros de socios

Fichas de socios ordeadas polo nome de pila e conservadas en formato dixital:

  • Ficheiro de Socios Activos (302 fichas)
  • Ficheiro de Socios Cancelados (896 fichas)
  • Ficheiro de Socios Falecidos (250 fichas)
  • Ficheiro de Socios do Departamento de Cultura Galega (480 fichas)

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Fotografías de reunións

Fotografías das reunións das Xuntas Directivas dos anos 60 conservadas en formato dixital.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Sociedade Cultural Caballeros de Santiago

Publicación societaria na que a entidade editora informa de todas as actividades culturais e recreativas organizadas na entidade. Tamén dan a coñecer os cursos de español, de baile tradicional etc. que ofertan a colectividade.

Números conservados en formato papel:

2000: n. 24 (40º aniversario)
2001: n. 25-28
2002: n. 29-32
2003: n. 33-35
2004: n. 36
2005: [n.s.] xaneiro-decembro (45º aniversario)

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios, conservados en formato dixital:

Libro nº 1, do 30 de novembro de 1960 ata o 17 de maio de 2004. Actas nº1 a nº 34 (74 páxinas)

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Carta coa composición da directiva para 2000-2002

Carta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 15/05/2000 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2000-2002, conservada en formato papel (fotocopias).

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Resultados 21 a 28 de 28