Carta enviada polo Secretario do "Centro Orensano de Montevideo", Jesús Vázquez Martínez, a Manuel Suárez Suárez para facerlles chegar as seguintes enquisas con información societaria:
Copia certificada en 1962 dos Estatutos do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", aprobados o 07/10/1948, con indicación da concesión de personería xurídica, conservada en formato papel (fotocopias).
Convite á conferencia "Galicia y los gallegos en la literatura uruguaya" de Carlos Zubillaga Barrera o día 17/10/1985 en conmemoración do 68º aniversario da fundación da Casa de Galicia de Montevideo, conservado en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no Mundo" enviada polo "Centro de estudios galegos no Ceará" ao Arquivo da Emigración Galega o día 07/10/1998, conservado en formato papel (fotocopias).
Recorte de 12 páxinas do suplemento "Caderno 2" do diario "A Tarde" do día 25 de xaneiro de 1985 que adica un especial ao Sanatorio Español no Centenario da súa fundación, conservado en formato dixital.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Estatutos e Regulamento Xeral do "Centro Gallego de México, Asociación Civil" aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19/11/1948, conservados en formato papel (fotocopias).
Regulamento da sociedade "Casa Galicia de Unidad Gallega", no que se establece que o se título será "Unidad Gallega de los EE. UU.", que entrou en vigor o 01/11/1943, conservado en formato papel (fotocopias).
Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "El Hospital de Caridad" de Alberto Reyes Thevenet publicado na memoria do Patronato do exercicio 1967/1968.
Folleto sobre a exposición de grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XIV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 4 de agosto de 1969.