Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.
Memoria dos traballos realizados pola Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" durante o ano social de 1917 a 1918 (20 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Libro (112 páxinas) publicado no 40 aniversario do Día das letras Galegas con ocasión do decenario do debut do CUGAB no Paraninfo da UB. Inclúe memoria e edición conmemorativa de partituras orixinais.
O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.
Memoria sobre os 70 anos de historia (1918-1978) da "Sociedad de instrucción y recreo La Juventud de Cecebre" escrita por Dolores Barral Rivadulla e Óscar Ares Botana, conservada en formato papel (fotocopias).
Sociedad de instrucción y recreo La Juventud de Cecebre