Amosando 27 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Centro Gallego de Buenos Aires
Previsualización da impresión Ver:

Primera Semana de Galicia en Luján

Tríptico co programa da "Primera Semana de Galicia en Luján : días 23, 24 y 25 de octubre de 1987". Colaboran os centros: Asociación Folclórica "Xeito Novo", Centro Arzuano Melidense, Centro Betanzos de Buenos Aires, Ateneo Galaico Argentino, Centro Galicia de Buenos Aires, Centro Gallego de Avellaneda, Centro Gallego de La Plata, Centro Gallego de Rosario, Centro Gallego de Tandil, Grupo Céltico Poitin, Hogar Gallego para Ancianos, Instituto Argentino de Cultura Gallega, Sociedad Tuy y Salceda.

Centro Gallego de Buenos Aires

Recortes de prensa

Recortes de prensa con artigos adicados ao Centro Betanzos:

  • "El Betanzos de Buenos Aires" de Andrés Beade Dopico, Delegado de Emigración (1 páxina) (fotocopia)
  • "Betanceiros por el mundo" da sección "Betanzos" do xornal "As Mariñas" (1994)
  • "El Centro Betanzos de Buenos Aires ultima su 90 aniversario" en "La Voz de Galicia" (22-12-1994) (1 páxina) (tamaño A4) (fotocopia)
  • "Asociación Centro Betanzos de Buenos Aires", en Cuadernillo Cultural de "Galicia en el mundo" (1998) (8 páxinas)
  • "Asociación Centro Betanzos", en Cuadernillo de Cultura de "Galicia en el mundo" (2000) (8 páxinas)

Centro Betanzos

Región Galaica : Órgano del Centro Gallego

Primeiro boletín editado polo Centro Gallego para informar das súas actividades sociais e dos acordos das diferentes seccións e da comisión directiva («Sección Oficial»). Contén ademais colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política, noticias da actualidade galega («Sección Regional») e de España, novas da colectividade, etc.

Número en papel (fotocopias):

1907: n. 4

Números en microficha:

1907: 5-6; 8
1908: n. 9-10

Centro Gallego de Buenos Aires

Revista Xuve-Breogán

Publicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

1991: n. 1, 3
1992: n. 4

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Unión Gallega

Esta publicación foi editada pola agrupación do mesmo nome do Centro Gallego, con motivo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense a esta finalidade, reproducindo o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado con motivo do 50 aniversario da agrupación.

Número en papel: 1988 (abril)

Centro Gallego de Buenos Aires

Resultados 21 a 27 de 27