Amosando 27 resultados

Descrición arquivística
Centro Gallego de Buenos Aires
Previsualización da impresión Ver:

Unión Gallega

Esta publicación foi editada pola agrupación do mesmo nome do Centro Gallego, con motivo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense a esta finalidade, reproducindo o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado con motivo do 50 aniversario da agrupación.

Número en papel: 1988 (abril)

Centro Gallego de Buenos Aires

Anales científicos : de la Asociación Médica del Centro Gallego de Buenos Aires

Esta publicación está dirixida ao corpo médico do Centro Gallego. Os seus contidos están centrados no mundo da medicina, informando sobre congresos, bibliografía, novos tratamentos e descubrimentos científicos.

Número en papel: 1989: n. 2 (outubro)

Centro Gallego de Buenos Aires

Región Galaica : Órgano del Centro Gallego

Primeiro boletín editado polo Centro Gallego para informar das súas actividades sociais e dos acordos das diferentes seccións e da comisión directiva («Sección Oficial»). Contén ademais colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política, noticias da actualidade galega («Sección Regional») e de España, novas da colectividade, etc.

Número en papel (fotocopias):

1907: n. 4

Números en microficha:

1907: 5-6; 8
1908: n. 9-10

Centro Gallego de Buenos Aires

Folleto

Folleto titulado "Breogán : Agrupación Gallego Argentina Pro Centro Gallego" (tamaño A4, 48 páxinas)

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Resultados 21 a 27 de 27