Carta enviada polo secretario do "Centro Lalín de Buenos Aires" o día 21/10/1982 ao Presidente da Sociedade "Hijos de Golada" informando sobre a creación do centro e a súa posible adhesión.
Correspondencia enviada pola sociedade "Unión Progresista del Distrito de Covelo" conservada en formato microfilme e dixital nos anos 1928-1942, 1944-1948, 1951-1953
O Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, acusa recibo dunha carta previa do Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, na que daba conta da nova composición da Xunta Directiva da institución.
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Carta enviada por Vicente Peña Saavedra, do Departamento de Pedagoxía Sistemática da Universidade de Santiago de Compostela, a Joaquín Alonso, da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" o 26/06/1986, para agradecerlle a súa carta previa e pedirlle información sobre as súas escolas e sobre outras entidades uruguaias.
Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
Programa de actos polo 75º aniversario
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Carta enviada polo Presidente, Ramón Pérez, e o Secretario, José Porto, do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" a María Xosé Rodríguez Galdo, do Consello da Cultura Galega, para facerlle chegar información sobre a historia da sociedade, conservada en formato papel.
1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.
Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.