Amosando 296 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa Folletos
Previsualización da impresión Ver:

Convite a nomeamento

Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.

O Penedo Fogar Galego

Discursos

Folletos que recollen os discursos pronunciados en actividades organizadas por Sociedades españolas en Cuba:

  • "Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital e impreso.

  • Discursos recollidos na edición facsímil do folleto: "Recuerdos de la velada literaria del 2 de mayo de 1885 en el Centro Gallego de La Habana", conservados en formato papel.

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Programas do Día de Galicia en Zarautz

Programas das actividades organizadas pola "Sociedad cultural recreativa Carballeira" con motivo do Día de Galicia de 1986 e 1990. O programa de 1986 está grampado ao programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" coas actividades programadas para os meses de xuño a outubro.

Sociedad cultural recreativa Carballeira

Documentación relativa a actuacións do grupo folclórico

Documentación relativa ás actividades do grupo folclórico do "Centro Galego de Bruselas", conservada en formato papel:

  • Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (02-03/11/1979).
  • Folleto das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
  • Folla voandeira das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
  • Informe e programa do festival folclórico e cultural organizado con motivo do "Día da Festa Nacional e da Hispanidade" (10/10/1980).
  • Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (08/12/1990).
  • 36 recortes de prensa.
  • 1 anuncio publicitario.

Centro Gallego de Bruselas

Estatutos do Grupo Galego de Aarau

Estatutos do Grupo Galego de Aarau, conservados en formato papel:

  • Estatutos orixinais co selo societario (04/05/1975) (fotocopias)
  • Estatutos renovados e apéndice co regulamento de uso dos locais sociais (12/01/1985)

Grupo Galego de Aarau

Programas das festas polo Día de Galicia en Euskadi

Programas das festas organizadas pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi con motivo do Día de Galicia en Euskadi, conservados en formato papel:

  • Cartaz das actividades organizadas polo Día das Letras Galegas (08-17/05/1987): o 10 de maio celébrase o Día de Galiza en Euzkadi
  • Tríptico do V Día de Galicia (1990)
  • Folleto do X Día de Galicia, 15 páxinas (1995)
  • Folleto do XI Día de Galicia, 7 páxinas (1996)
  • Folleto do XII Día de Galicia, 11 páxinas (1997)

Irmandade de Centros Gallegos en Euskadi

Folleto do I Concurso de folclore galego

Folleto co programa de actividades con motivo do "I Concurso de folklóre galego" organizado pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega", conservado en formato papel.

Promoción de la Cultura Gallega

Folleto co programa de actividades

Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.

Casa de Espanha de Rio de Janeiro

Folleto Desarrollo Económico

Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965

Centro Gallego de Buenos Aires

Programas polo Día das Letras Galegas

Folletos editados polo "Centro Galego de La Rioja" con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, conservados en formato papel:

  • Ano 1995 (12 páxinas)
  • Ano 1997 (22 páxinas)
  • Ano 1998 (30 páxinas)
  • Ano 1999 (34 páxinas)

Centro Galego de La Rioja

Programas das Xornadas Galegas

Folletos editados pola sociedade "Lar Gallego de Sevilla" para difundir as actividades organizadas con motivo das Xornadas Galegas, conservados en formato papel:

  • 27º xornadas (1986)
  • 41º xornadas (2000)

Lar Gallego de Sevilla

Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada"

Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.

Centro Galicia en Ponferrada

Folleto do VI concurso de relatos

Folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española organizado pola "Casa de Galicia en León" coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, conservado en formato papel.

Casa de Galicia en León

Resultados 21 a 40 de 296