Correspondencia enviada pola sociedade "Unión Progresista del Distrito de Covelo" conservada en formato microfilme e dixital nos anos 1928-1942, 1944-1948, 1951-1953
Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Madrid", Xosé Cimadevila Covelo, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, en resposta á súa solicitude previa de información.
Xunto coa carta envían a enquisa "Censo Cultural" cuberta.
Carta enviada por Gonzálo Fernández Cid, do "Centro Galego de La Rioja", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, o día 30/10/1996, para facerlle chegar:
Estatutos
Emblema societario
Memoria de actividades do ano 1996
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta
Carta enviada por Manuel Fernández Castro, Presidente da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 04 de febreiro de 1992, para remitirlle as enquisas "Entidades" e "Medios de comunicación" cubertas, conservadas en formato papel.
Carta enviada polo Presidente do Centro Galego en Burgos, Avelino Lorenzo Vidal, ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 27 de xaneiro de 1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.
Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
Programa de actos polo 75º aniversario
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", Antonio Sobrado, e Enrique López Álvarez, Balbina Rodríguez de Alonso, Pedro Páramo Arias e Juan López y López, entre outros, en referencia as escolas da sociedade, conservada en formato papel (fotocopias).
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua