Amosando 27 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Santiago o Maior, Santo Programas
Previsualización da impresión Ver:

Programas das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas

Programas das actividades culturais organizadas polo Centro Galego de Llodio, conservados en formato papel:

  • Tríptico das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas de 1993, adicadas a Eduardo Blanco Amor
  • Díptico das festas polo XXV aniversario societario de 1994
  • Tríptico da presentación do libro "O fume das cinsas" de Antonio Vázquez Tierra no magosto de 1995
  • Díptico do XII festival cultural dos pobos de 1997
  • Tríptico das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas de 1998, adicadas a Martin Códax, Mendinho e Xoan de Cangas
  • Díptico das festas en honor ao Apóstolo Santiago no Día da Patria Galega de 1998

Centro Gallego de Llodio

Programas de actividades culturais

Folletos de actividades culturais conservados en formato papel:

  • Políptico co programa de actividades organizadas polo "Ayuntamiento de San Sebastian" para marzo de 1990.
  • Folleto co programa de actividades organizadas pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi con motivo do XIII Día de Galicia en Euskadi de 1998.
  • Documentos das actividades organizadas pola Comisión de Festas da Casa Cultural de Galicia en Eibar con motivo do Día das Letras Galegas:
    • Folleto co programa do XX Día (2003)
    • Cartaz do XXII Día (2005)
    • Folleto co programa do XXIII Día (2006)

Casa Cultural de Galicia de Eibar

Programas do Día de Galicia en Zarautz

Programas das actividades organizadas pola "Sociedad cultural recreativa Carballeira" con motivo do Día de Galicia de 1986 e 1990. O programa de 1986 está grampado ao programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" coas actividades programadas para os meses de xuño a outubro.

Sociedad cultural recreativa Carballeira

Publicacións pola festividade do Apóstolo

Publicacións editadas polo "Centro Gallego de Gijón" con motivo das Festas de Santiago Apóstolo, conservadas en formato papel:

  • Publicación de 1985 (tamaño A4, 106 páxinas)
  • Cartaz de 1990 (tamaño A3)

Centro Gallego de Gijón

Sociedad cultural recreativa Carballeira

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (fotocopias):

Estatutos (1980)

Conservada en formato papel (orixinal):

Programa do Día de Galicia de 1986
Programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" para os meses de xuño a outubro de 1986
Programa do Día de Galicia de 1990

Sociedad cultural recreativa Carballeira

Resultados 21 a 27 de 27