Amosando 1644 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega España
Previsualización da impresión Ver:

58 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de actas das reunións das Xuntas Directivas, conservados en formato dixital:

Libro nº 1, do 30 de novembro de 1960 ata o 4 de xullo de 1963. Actas nº 1 á nº 96 (100 páxinas)
Libro nº 2, do 10 de xullo de 1960 ata o 21 de xuño de 1967. Actas nº 1 á nº 106 (200 páxinas)
Libro nº 3, do 5 de xullo de 1967 ata o 5 de xuño de 1973. Actas nº 1 á nº 178 (200 páxinas)
Libro nº 4, do 12 de xuño de 1973 ata o 3 de maio de 1980. Actas nº 1 a nº 206 (200 páxinas)
Libro nº 5, do 13 de maio de 1980 ata o 9 de xullo de 1986. Actas nº 1 a nº 191 (200 páxinas)
Libro nº 6, do 16 de xuño de 1986 ata o 10 de maio de 1993. Actas nº 1 a nº 186 (200 páxinas)
Libro nº 7, do 19 de maio de 1993 ata o 25 de agosto de 1998. Actas nº 1 a nº 196 (200 páxinas)
Libro nº 8, do 1 de setembro de 1998 ata o 11 de setembro de 2001. Actas nº 1 a nº 156 (200 páxinas)
Libro nº 9, do 25 de setembro de 2001 ata o 15 de agosto de 2003. Actas nº 1 a nº 165 (200 páxinas)

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Proxecto cultural

Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Plus Ultra : Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago

O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.

Número conservado en formato papel:

1977: n. 11

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Ficheiro de Socias Remidas

Ficheiro de Socias Remidas, que pola súa antigüedade como socias están eximidas de pago, da "Real sociedade espanhola de beneficência" (709 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Recorte de prensa do diario "A Tarde"

Recorte de 12 páxinas do suplemento "Caderno 2" do diario "A Tarde" do día 25 de xaneiro de 1985 que adica un especial ao Sanatorio Español no Centenario da súa fundación, conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Emblema

Escudo da sociedade "Hospital Espanhol".

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Espanhol sempre : Uma publicaçao da Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Este xornal está editado pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Bahía para informar sobre o Hospital Espanhol que eles fundaron e dirixen; aparecen amplas informacións sobre servizos médicos que se ofrecen, entrevistas a facultativos e nas páxinas centrais unha completa guía médica con todas as especialidades e enderezos onde poder acudir.

Número conservado en formato papel:

1996: n. 29

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Álbumes

Álbumes con fotografías do "Centro recreativo Uniâo do Río Tea", conservadas en formato dixital.

Centro recreativo Uniâo do Río Tea

Correo de España : Semanario de la colonia española

Esta publicación foi editada polo Centro Español de Costa Rica para informar á colectividade española alí asentada sobre as noticias que acontecían en España e en todo o mundo (por países) (coas seccións «Noticias de Europa», «América Latina», «Política española», «España. Noticias generales»). Na portada de moitos números aparecen reproducións de monumentos arquitectónicos españois ou de destacados políticos ou prohomes da colectividade; aparecen tamén noticias sobre escritores e actos culturais. Hai que destacar o número extraordinario correspondente ao 12 de outubro de 1908 dedicado á figura de Cristóbal Colón e ao descubrimento de América. Teñen como lema da publicación «Fundado para estrechar los lazos que unen a ambos países».

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1908: n. 1-12; 14-18; 20-33
1909: 34-73; 75-76

Centro Español de Costa Rica

Revista Cultural

Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 1

Centro cultural español de Medellín

Círculo Español : Boletín informativo

Esta publicación societaria foi editada polo Círculo Español de Nova York, para informar aos seus socios da vida societaria da entidade (balance económico, memoria social, actividades, ...). Conta ademais con noticias sobre a situación da colectividade hispana no país, pasatempos e noticias de actualidade.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 32

Círculo Español de Nueva York

Separata "El Hospital de Caridad"

Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "El Hospital de Caridad" de Alberto Reyes Thevenet publicado na memoria do Patronato do exercicio 1967/1968.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Carta enviada a Ramón Villares

O Presidente do "Hogar español de Montevideo", José Luis Peña Fernández, envía ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, un convite e o programa de actos con motivo da celebración dunha romería anual en celebración do 45º aniversario social e da adhesión ao 9º "Congreso de la Emigración Gallega", a celebrarse o día 06/12/2009.

Hogar español de ancianos

Resultados 21 a 40 de 1644