Amosando 1585 resultados

Descrición arquivística
Galicia
Previsualización da impresión Ver:

79 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Contrato de arrendamento

Contrato de arrendamento entre o "Centro Gallego" e as sociedades de instrucción, asinado o día 01/04/1936 entre o Presidente do Centro Gallego e o da sociedade "San Simón y Samarugo" (2 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Contrato de compra-venta

Contrato de compra-venta da "Hermandad Gallega de Venezuela" conservado en formato dixital:

  • Contrato do día 30/12/1964 (10 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Convite

Convite da xunta directiva da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" a unha misa para celebrar a festividade de Santiago Apóstolo (2002), conservado en formato papel.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Convite a asistir aos actos polo Día das Letras Galegas

Carta enviada o 11/05/1998 polo Presidente da Casa Cultural de Galicia en Eibar, A. Los Santos, ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares Mouriño, para convidalo a asistir aos actos organizados con motivo do Día das Letras Galegas de 1998, conservada en formato papel.

Casa Cultural de Galicia de Eibar

Convite á conferencia de Carlos Zubillaga Barrera

Convite á conferencia "Galicia y los gallegos en la literatura uruguaya" de Carlos Zubillaga Barrera o día 17/10/1985 en conmemoración do 68º aniversario da fundación da Casa de Galicia de Montevideo, conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Convite a convivencia

Convite á convivencia Galicia con Asturias, organizada polo "Centro Gallego de Gijón", conservado en formato papel.

Centro Gallego de Gijón

Convite a exposición de pintura

Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana o día 17/11/1990, organizada pola sociedade "O Penedo Fogar Galego", conservado en formato papel.

O Penedo Fogar Galego

Convite a mesa redonda

Convite a mesa redonda para discutir ás eleccións ó Parlamento Galego nos locais da Sociedade "A Nosa Galiza", conservado en formato papel.

Sociedade "A Nosa Galiza"

Convite a nomeamento

Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.

O Penedo Fogar Galego

Convites

Convites a xuntanzas no Hotel Mindanao de Madrid, conservados en formato papel:

  • Almorzo (09/02/1991)
  • Almorzo Coloquio (20/02/1993)
  • Copa de vino galego (12/02/1994)
  • Cea homenaxe a Francisco Díaz Rey, primer Director da Casa de Galicia

Enxebre Orde da Vieira

Convites

Convites:

  • 2 convites conminando á adhesión polo Día das Letras Galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense os días 17-30/09/1970 de artesanía e postais galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense entre o 21/04/1972 e o 04/05/1972 de affiches sobre motivos galegos realizados polo debuxante Manuel Cordeiro

Lume novo

Convites á conferencia de Luisa Castro

Convite da "Embajada de España" e o "Instituto de Cooperación Iberoamericana" en colaboración co "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á conferencia da poetisa galega Luisa Castro titulada "Laberinto de lenguas, laberinto de culturas" na sede do padroado.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Convites a conferencias co gallo do Día das Letras

Convites a conferencias organizadas pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya co gallo do Día das Letras, conservados en formato papel:

  • Xosé Ramón Barreiro Fernández: "A Real Academia Galega : pasado, presente e futuro" (12/05/2007)
  • Xosé María Álvarez Cáccamo: "Xosé María Álvarez Blázquez. A terra, os libros, a poesía" (10/05/2008)
  • Carlos Sixirei Paredes: "Reflexión a partir da figura de Uxío Novoneira" (28/05/2010)

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Resultados 381 a 400 de 1585