Contrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" no Centro Gallego da Habana do 01/08/1921 (2 páxinas), conservado en formato dixital.
Contrato de arrendamento entre o "Centro Gallego" e as sociedades de instrucción, asinado o día 01/04/1936 entre o Presidente do Centro Gallego e o da sociedade "San Simón y Samarugo" (2 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Convite da xunta directiva da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" a unha misa para celebrar a festividade de Santiago Apóstolo (2002), conservado en formato papel.
Carta enviada o 11/05/1998 polo Presidente da Casa Cultural de Galicia en Eibar, A. Los Santos, ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares Mouriño, para convidalo a asistir aos actos organizados con motivo do Día das Letras Galegas de 1998, conservada en formato papel.
Convite á conferencia "Galicia y los gallegos en la literatura uruguaya" de Carlos Zubillaga Barrera o día 17/10/1985 en conmemoración do 68º aniversario da fundación da Casa de Galicia de Montevideo, conservado en formato papel.
Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana o día 17/11/1990, organizada pola sociedade "O Penedo Fogar Galego", conservado en formato papel.
Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.
Convite ao concurso musical "Mollet a capella" do día 01/04/1995, remitido pola Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallés, conservado en formato papel.