Showing 1873 results

Archival description
América
Print preview View:

124 results with digital objects Show results with digital objects

Opinión Gallega

Esta publicación é continuadora de «El Orensano», aparecendo como órgano oficial do Centro Orensano e do Centro Pontevedrés de Bos Aires. Informa da vida societaria das devanditas entidades, incluíndo noticias da colectividade, sobre todo no labor cultural e nas actividades das asociacións galeguistas. Complétase con informacións sobre Galicia, principalmente das súas provincias de referencia, e artigos que abordan a realidade galega desde diferentes ámbitos, nos que colaboran intelectuais galeguistas.

Números conservados en formato microfilme:

1945: n. 29
1946: n. 30-54
1947: n. 55-78
1948: n. 79-101
1949: n. 102-112
1950: n. 113-115, 117-120
1951: n. 121-130
1952: n. 131-137
1953: n. 138-146
1960: n. 196-197
1961: n. 198-199, 201
1962: n. 202-205
1963: n. 206-209
1964: n. 210-214
1965: n. 215-216

Número conservado en formato fotocopia:

1957: n. 181

Números conservados en formato orixinal:

1959: n. 191-193
1960: n. 194

Números conservados en formato facsimilar ou dixitalizado:

1954: n. 147-155
1955: n. 156-164
1956: n. 166-172
1957: n. 173-177, 179-181
1958: n. 182-183, 185

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Documentación sobre a escola "Rosalía de Castro"

Documentación varia sobre a escola "Rosalía de Castro". Escola nº 1, situada na parroquia de San Salvador de Laro, no lugar de Freixeiro, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1917.

Documentación conservada en formato papel:

  • Escritura de venta (01/06/1913)
  • Pliegos de condicións para a construcción da escola
  • Proxecto de escola: alzados e planta (en papel e en tea)
  • Programa escolar (tamaño A3)
  • Libro de contabilidade da escola (22/10/1929)
  • Inventario de bens (30/06/1932)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Exercicios do alumnado

Exercicios de lingua de Celso Alonso Rodríguez, alumno dunha escola da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta de Luciano Folgar a Jesús Blanco

Carta de Luciano Folgar, maestro, a Jesús Blanco, Presidente, do 17/04/1926, acusando recibo da súa previa do día 23 de marzo e dun libro de Eduardo Ortega y Gasset. Opina sobre a publicación "Verdad y Justicia" e informa sobre a marcha das escolas e máis concretamente da de Gresande.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Boletín informativo de la Asociación Hijos de Silleda

Esta publicación societaria foi editada para informar das actividades realizadas pola entidade e das novas sociais, incluíndo noticias da actualidade de Silleda, algúns artigos de temática variada e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1979: s.n.
  • 1983: n. 24

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Memoria

Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Flores de Silleda

Partitura musical "Flores de Silleda", pasodobre composto por José Barreiro e adicado á "Sociedad Agraria Cultural y Recreativa Hijos de Silleda de Buenos Aires", conservada en formato papel.

Acta de fundación

Acta fundacional da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" do día 14/08/1921, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" (188 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital:

  • 1921: Acta fundacional celebrada o 14 de agosto de 1921 (comprende as páxinas 1 e 2 do libro); Acta nº. 2: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 4 de setembro de 1921; Acta nº. 3: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de novembro de 1921
  • 1922: Acta nº. 4: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 12 de marzo de 1922; Acta nº. 5: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 18 de xuño de 1922; Acta nº. 6: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 22 de outubro de 1922
  • 1923: Acta nº. 7: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 28 de xaneiro de 1923; Acta nº. 8: Reunión da asemblea xeral ordinaria e da Comisión Administrativa celebrada o 27 de maio de 1923; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 4 de novembro de 1923
  • 1924: Acta sen numerar: Reunión da Asemblea xeral ordinaria e da Comisión directiva celebrada o 30 de maio de 1924; Acta sen numerar: Reunión da Asemblea xeral ordinaria e da Comisión directiva celebrada o 6 de xullo de 1924; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 26 de outubro de 1924
  • 1925: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 22 de marzo de 1925; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 29 de xuño de 1925; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 30 de agosto de 1925; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 25 de outubro de 1925
  • 1926: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 18 de marzo de 1926; Acta nº. 17: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 25 de xullo de 1926; Acta nº. 18: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 2 de agosto de 1926; Acta nº. 19: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 24 de outubro de 1926
  • 1927: Acta nº. 20: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 27 de marzo de 1927; Acta nº. 21: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 13 de novembro de 1927
  • 1928: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 15 de abril de 1928; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 28 de outubro de 1928
  • 1929: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 16 de xuño de 1929; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 8 de setembro de 1929; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 1 de decembro de 1929
  • 1930: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 11 de maio de 1930; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 9 de novembro de 1930
  • 1931: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 21 de xuño de 1931; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 12 de decembro de 1931; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 19 de decembro de 1931
  • 1932: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 14 de maio de 1932; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 19 de novembro de 1932
  • 1933: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 9 de abril de 1933; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 19 de novembro de 1933
  • 1934: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 17 de xuño de 1934; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 25 de novembro de 1934
  • 1935: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 9 de xuño de 1935; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 29 de decembro de 1935
  • 1936: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 8 de marzo de 1936; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 28 de marzo de 1936; Acta sen numerar: Reunión celebrada o 25 de abril de 1936; Acta sen numerar: Reunión celebrada o 16 de maio de 1936; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 11 de outubro de 1936. Aproban a súa fusión coa sociedade de Fornelos.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1925

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1925 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Estatutos orixinais (1919)
Estatutos (1966)
Estatutos (1987)
Libro de rexistro de socios (1885-2006)
Libro de rexistro de socias (1963-2006)
8 ficheiros de socias e socios
Recorte de prensa do diario "A Tarde"
Fotografías
Memoria do período 1927-1928

Conservada en formato papel e dixital:

Estatutos (1996)
Boletim Informativo : Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Conservada en formato papel:

Regulamento interno (1976)
Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1996)
Escudo
Revista "Gazeta da saúde : Real Sociedade Espanhola de Beneficência"
Revista "Sanatório Espanhol"
Revista "Hospital Espanhol"
Boletín "Informativo do Sanatório Espanhol : Publicaçâo da Real Sociedade Espanhola de Beneficência"
Boletín "Informativo Hospital Espanhol : Real Sociedade Espanhola de Beneficência"
Xornal "Espanhol sempre : Uma publicaçao da Real Sociedade Espanhola de Beneficência"

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Estatutos

Estatutos de 1987 da "Real sociedade espanhola de beneficência" (52 páxinas), conservados en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socias Remidas

Ficheiro de Socias Remidas, que pola súa antigüedade como socias están eximidas de pago, da "Real sociedade espanhola de beneficência" (709 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socias Falecidas

Ficheiro de Socias Falecidas da "Real sociedade espanhola de beneficência" (138 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Results 421 to 440 of 1873