Showing 440 results

Archival description
Antillas
Print preview View:

41 results with digital objects Show results with digital objects

Unión Barcalesa: actas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 83 actas dende o 22/01/1912 ata o 22/08/1929

Unión Barcalesa

Recibo

Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Actas Junta Directiva

Libro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 136 actas dende o 30/04/1979 ata o 14/06/1997 conservadas en papel (fotocopias) e dixital.

Unión Barcalesa

Correspondencia sobre a construcción dunha estrada no Fondal de Lousada

Correspondencia sobre a construcción dunha estrada no Fondal de Lousada, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta e documentación do concello de Xermade sobre o abono da estrada (21/11/1949)
  • Carta de Leonardo Guerreiro Castelo a Manuel Balsa Fernández (06/01/1950)
  • Carta da Comisión Xestora Pro-Estrada ao seu Presidente, Vicente García Castro (28/02/1950)
  • Carta do Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro, ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada" (13/05/1950)
  • Carta do Alcalde-Presidente de Xermade, Celestino Pardo, ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada" (28/02/1951)
  • Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro (20/03/1951)
  • Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Alcalde de Xermade, Celestino Pardo (20/05/1951)
  • Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro (20/05/1951)
  • Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Administrador do Banco da Coruña, Sucursal de Vilalba (20/05/1951)
  • Carta do Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro, ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada" (01/09/1951)
  • 2 cartas da Comisión Xestora Pro-Estrada ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar

Progreso de Lousada

Correspondencia enviada pola Sociedade

Correspondencia enviada pola sociedade "Roupar y Lousada":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • Circular enviada aos socios (11/09/1957)
  • Circular enviada aos socios (02/1958)
  • Circular enviada aos socios (05/1958)
  • 2 cartas enviadas ao Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez (1958).
  • Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)
  • 2 certificados asinados polo Director da sociedade, Lázaro Seco y Alonso (05/10/1959)
  • Informe da Comisión de Glosa (23/02/1960)
  • Informe da Dirección

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada"

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • 1 carta enviada en 1958 polo Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez.
  • Carta enviada dende a empresa Rivera y Cía. á sociedade sobre unhas xardineiras do seu Panteón (21/05/1959)
  • 3 cartas enviadas ó longo do ano 1959 polo mestre de Roupar, Benito López García, á Sociedade.
  • Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos de Roupar, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Agrupación artística gallega", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro de socios nº 1 dende 1919 ata 1934 (556 páxinas)
  • Libro de rexistro de socios-Contaduría do 21/06/1926 (38 páxinas)
  • Libro de rexistro de socios dende 1952 ata 1965 (205 páxinas)
  • Libro de rexistro de socios dende 01/1968 ata 1982 (225 páxinas): dixitalizado incompleto

Agrupación artística gallega

Results 421 to 440 of 440