Esta publicación foi editada desde 1995 coa finalidade de informar das actividades sociais do Centro Gallego e de servir de nexo de unión entre a institución e os socios. A maior parte dos contidos redúcense a informar sobre a vida interna da entidade e dar conta das diversas actividades; nun segundo plano aparecen noticias de Galicia, páxinas gastronómicas e colaboracións literarias.
Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:
Estatutos da sociedade do 02/12/1958 (fotocopias) Estatutos da sociedade renovados o 30/07/1993 (fotocopias) Estatutos da sociedade "Centro Gallego, asociación mutual, cultural, social y recreativa" (fotocopias) Carta enviada polo Presidente da sociedade "Centro Gallego y Saviñao" o día 28/04/1997 en resposta á solicitude de información do Arquivo da Emigración Galega Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1998) Díptico "Galicia" Revista "Centro Gallego y Saviñao" Revista "Galicia en Rosario" Memoria e balance da sociedade correspondente ao 40º exercicio (1995-1996)
Estatutos da sociedade "Centro Gallego, asociación mutual, cultural, social y recreativa" fundado en 1918 (9 follas), conservados en formato papel (fotocopias).
Carta enviada polo Presidente da sociedade "Centro Gallego y Saviñao", José Picallo Durán, á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 28/04/1997 en contestación á súa solicitude de información, indicando as celebracións nas que participa anualmente. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
Escudo
Fotocopia de Estatutos
Memoria do último exercicio
Comisión Directiva
Reseña histórica
Documentación sobre a súa fusión coa "Asociación Saviñao y sus contornos"
Recreo Social
Documentación sobre a súa participación en concursos da Xunta de Galicia