Esta publicación societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das diversas actividades sociais, así como noticias sobre os seus integrantes máis destacados. Conta con seccións fixas como «Concurso literario», «Personajes importantes» (biografías de emigrantes españois que triunfaron en México), «Noticias de interés» (sobre a actualidade cultural), «Entretenimientos» ou «Deporte». Aparecen tamén artigos sobre cidades mexicanas, a súa cultura, etc.
Carta sobre a Revista "Vieiros" (04/1959) Folleto "Mensaxe á Nación Galega : Deica un Congreso Mundial da Galeguidade" (01/01/1975) Recorte de prensa cun Manifesto: "Os Galegos no Día de Galicia" (25/07/1969) Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México
Esta revista cultural de orientación galeguista foi editada polo Padroado da Cultura Galega de México, publicándose só catro números entre 1959 e 1968. A publicación pretende recoller nas súas páxinas «calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura». Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.
Ediciós A Nosa Terra edita un volume facsímil no ano 1989, que inclúe:
Este boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.
Este boletín societario aspira segundo o seu editorial a «contribuir para dejar un testimonio de la existencia de la galleguidad en Perú». Destaca a información sobre os actos sociais realizados pola entidade, que se complementa con artigos, opinións e notas de temática moi variada: noticias de Galicia, discusións lingüísticas, experiencias persoais de emigrantes en Perú e algunha colaboración literaria.
Enquisas Censo Cultural Folleto "Galicia. Año Internacional del Libro 1972. Día das Letras Galegas" Folleto "Día das Letras Galegas", Universidad de Puerto Rico (1973) Memoria "Eco de Galicia"
Esta publicación societaria foi creada polo Centro Gallego de Puerto Rico como voceiro oficial da entidade, coa finalidade de difundir as actividades realizadas pola colectividade galega asentada neste país.
Informe "La situación escolar de los españoles en Lausana" Revista "Chispa : Revista Federal" Boletín "A.T.E.E.S. Asociación de Trabajadores Españoles Emigrados en Suiza"
Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza
Esta publicación societaria está editada para informar das actividades da entidade editora e das sociedades que integran dita asociación, ante a colectividade española residente en Suíza tal e como destacan na súa editorial «CHISPA se ocupará de todo aquello que tiene algo que ver con nuestra vida de españoles emigrados; unas veces para presentar sus programas, inquietudes y posiciones propias, otras veces, para recoger todo aquello que viniendo de fuera, tiene relación con el mundo ATEES».
Números conservados en formato papel:
1983: n. 1 1995: novembro/decembro (fotocopias)
Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza
Esta publicación societaria foi editada para informar á colectividade de emigrantes españois asentados en Suíza sobre a lexislación tanto española como suíza sobre temas do seu interese e sobre as diversas actividades da entidade editora.
Número conservado en formato papel (orixinal):
1970: n. 2
Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza
Esta publicación societaria foi editada coa finalidade de «informarnos y asesorarnos sobre las cosas que nos conciernen a todos los que nos encontramos fuera de nuestra patria». O contido é diverso, pero céntrase na vida interna da institución, noticias da colectividade e doutras entidades, e inclúe artigos sobre emigración, lingua, cultura galega, bibliografías, etc.
Números conservados en formato papel:
1992: n. [0]-1 1993: n. 2 1995: maio 1997: novembro
Estatutos (16/03/1991) Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (16/12/1998) Folleto informativo do programa do Día das Letras Galegas de 1999 Programa de actividades do ano 2005 Tarxeta social co emblema societario
Este boletín societario pretende ofrecer aos galegos residentes en Zug ampla información sobre as actividades do Centro Galego A Nosa Terra, e a política que sobre emigración leva a cabo a Xunta de Galicia, a través de diferentes seccións, editorial, reportaxe e direccións importantes.