Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservado en formato dixital e impreso:
Libro de actas dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)
Carta enviada polo Presidente, Ramón Pérez, e o Secretario, José Porto, do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" a María Xosé Rodríguez Galdo, do Consello da Cultura Galega, para facerlle chegar información sobre a historia da sociedade, conservada en formato papel.
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta polo "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada" a instancia do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.