Showing 5662 results

Archival description
Print preview View:

77 results with digital objects Show results with digital objects

Fotografías

Fotografía realizada durante unha reunión da sociedade nos anos 1940 e fotografía do Presidente, Eladio Vázquez Nieto, tomada nos anos 1990, conservadas en formato dixital.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Hijos de Lorenzana", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende 1911 ata 1930 (117 páxinas)
  • Libro de rexistro dende 1961 ata 1967 e dende 1993 ata 2003: só dixitalizados algúns exemplos

Hijos de Lorenzana, Sociedad de Beneficencia y Cultura

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 40 actas da "Sociedad de Instrucción Centro Villameaense" dende o 21/06/1914 ata o 17/05/1925 (83 páxinas)
  • Libro con 66 actas da "Unión de Villameá y Villaodrid" dende o 07/06/1957 ata o 12/03/1965 (85 páxinas)
  • Libro con 46 actas da "Unión de Villameá y Villaodrid" dende o 11/04/1965 ata o 12/10/1968 (55 páxinas)

Unión de Villameá y Villaodrid

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da "Sociedad de Instrucción de Monterroso, Antas y Palas de Rey", máis adiante "Monterroso y Antas de Ulla", conservados en formato impreso:

  • Libro con 73 actas dende o 30/07/1914 ata o 20/05/1927 (234 páxinas)
  • Libro con 229 actas dende o 11/11/1927 ata o 25/07/2004 (367 páxinas): dixitalizado incompleto

Monterroso y Antas de Ulla

Documentación das escolas

Documentación relativa á fundación das escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" na parroquia, conservada en formato dixital e impreso:

  • Planos que formaban parte dun proxecto de construcción de escolas (27/05/1920) (4 páxinas)
  • Escritura de venda do terreo da familia Fente Fernández no termo de Verín, Monterroso (19/06/1926) (4 páxinas)
  • Acta notarial de subsanación do contrato en favor de Teolindo Cortiñas Toural (31/12/1927) (5 páxinas)
  • Escritura de doazón de Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (01/03/1928)
  • Escritura de doazón de terreos da parroquia de San Cibrao de Barreiro, Antas de Ulla, de Manuel García Núñez a favor da sociedade (24/03/1928) (3 páxinas)
  • Escritura de subsanación outorgada por Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (07/11/1928) (6 páxinas)
  • Copia do poder outorgado pola sociedade a favor de Teolindo Cortiñas Toural, José Valcárcel Luna, Antonio García Vázquez e Gabino Vázquez ante o Cónsul de España (23/12/1929) (6 páxinas)
    • Escritura de compromiso outorgado por Gabino Vázquez Fernández a favor da sociedade (14/03/1932) (5 páxinas)
  • Copia do compromiso do Comité encargado da execución das obras dunha casa-escola en Porto Gradio, Santiago de Reboredo (07/02/1936) (2 páxinas)
  • Escritura de traspaso de propiedades da sociedade a favor do concello de Monterroso (10/10/1955) (10 páxinas)

Monterroso y Antas de Ulla

Correspondencia realtiva ás escolas

Correspondencia relativa á construcción das distintas escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" nos concellos de Monterroso e Antas de Ulla, entre os anos 1923 e 1938, conservadas en formato dixital e impreso.

Monterroso y Antas de Ulla

Documentación sobre o Panteón de Unión Villalbesa y su Comarca

Documentación da sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca" relativa ao Panteón societario, conservada en formato dixital:

  • 1 libro de rexistro de inhumacións dende 01/1928 ata 11/1976 (57 páxinas)
  • 1 listaxe do Osario da sociedade dende o 03/04/1928 ata o 02/12/1970 (1 páxina) e do Osario de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 11/08/1937 ata o 20/11/1968 (2 páxinas)
  • 1 autorización de sepultura do 04/09/1968 (1 páxina)
  • 1 listaxe do Mausoleo da sociedade dende o 04/09/1968 ata o 04/06/1971 e do Mausoleo de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 29/08/1968 ata o 16/07/1971 (1 páxina)

Monterroso y Antas de Ulla

Results 5601 to 5620 of 5662