Cartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.
Ponencia que o "Centro Benéfico Social Fillos da Estrada" propón para o Consello de Comunidades Galegas a celebrar en Galicia en outubro de 1986, conservada en formato papel (fotocopias):
Documento mecanoscrito en papel timbrado e selado (8 páxinas)
Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).
Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.