Showing 570 results

Archival description
Publicacións periódicas
Print preview View:

1 results with digital objects Show results with digital objects

Cultura Hispánica

Publicación societaria, continuadora de Cultura Gallega, pero que sofre un cambio importante na súa liña editorial, pois abandona a orientación galeguista anterior e pretende "difundir el conocimiento de los valores espirituales de la gran familia hispánica en el mundo, propendiendo particularmente a la mayor identificación entre cubanos y españoles". A revista está centrada nos temas e actividades da Sociedade e, a pesar do cambio de orientación, continúa a tratar aspectos variados da cultura galega: actualidade, historia, literatura, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1958: 2ª época, n. 16 (fotocopias)
  • 1997: 3ª época, xullo/set. (orixinal)

Agrupación artística gallega

Presencia de Galicia en Venezuela

Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".

Número conservado en formato papel:

[1989]: n. especial

Hermandad Gallega de Venezuela

Festival de Danzas Folklóricas Internacionales

Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.

Número conservado en formato papel:

2003: XXIVº festival

Hermandad Gallega de Venezuela

Tips H.G.

Boletín da Secretaría de Relacións Públicas da "Hermandad Gallega de Venezuela". Consta de dúas follas con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade durante a semana e que tamén se pode consultar na web da entidade galego-venezolana. A partir de xuño do ano 2005 pasa a titularse "Somos Hermandad: Publicación de la Secretaría de Relaciones Públicas de la Hermandad Gallega de Venezuela".

Números conservados en formato papel:

Tips H.G.:

2005: n. 246-253, 255-258

Somos Hermandad:

2005: n. 264-265, 267-272
2008: n. 430-431
2009: n. 467
2010: n. 480-522

Hermandad Gallega de Venezuela

Boletín Informativo de la Federación de Centros Españoles de Venezuela

Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".

Número conservado en formato papel:

1986: n. 1

Federación de Centros Españoles de Venezuela

Hermandad Gallega de Valencia

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1986) (fotocopias)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1998) (orixinal)
Revista "Galicia en Valencia : Órgano Informativo de la Hermandad Gallega de Valencia" (orixinal)

Hermandad Gallega de Valencia

Hermandad Gallega de Venezuela

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1960-1962)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1962-1963)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1963-1965)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1965-1966)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1966-1969)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1969-1971)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1971-1972)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1972-1975)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1975-1978)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1978-1980)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1980-1983)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1983-1985)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1985-1987)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1987-1989)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1990-1991)
Libro de actas das reunións dos Consellos Directivos (1991-1992)
Libro de actas das reunións dos Consellos Executivos (1961)
Libro de actas das reunións dos Consellos Executivos (1962)
Libro de actas das reunións dos Consellos Executivos (1973-1975)
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1960-1965)
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1965-1970)
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1971-1974)
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1974-1980)
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1980-1986)
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1987-1998)
Estatutos (1960)
Libro coa documentación relativa á fundación do Colexio Castelao (1962-1966)
Libro de actas da Comisión de Traballo que elabora os Estatutos (1980)
Álbum conmemorativo (1962)
Documentación electoral
2 libros de ouro
192 fotografías

Conservada en formato papel:

Estatutos (1980)
Estatutos (2006)
Díptico da inauguración do Teatro Rosalía de Castro de Caracas (1991)
Folleto do "XX Festival de Danzas Folklóricas Internacionales" (1999)
Documento relativo á elección da raiña do entroido (1988)
Relación dos Presidentes da sociedade dende 1960 ata 2009
Políptico publicitario (1981)
Revista "Punto de Unión : Revista Informativa de la Hermandad Gallega de Venezuela"
Revista "Boas Novas : Boletín Informativo mensual da Irmandade Galega"
Revista "Xerme : Voceiro do Movemento Nova Galiza"
Revista "A Irmandade : Revista socio cultural de la Hermandad Gallega de Venezuela"
Revista "Presencia de Galicia en Venezuela"
Revista "Hermandad Gallega de Venezuela"
Revista "Sempre en Galiza : desde la Hermandad Gallega de Venezuela"
Revista "Aires da Terra"
Revista "Jaque : publicación mensual de la Peña "Alexandre Bóveda" por el progreso del ajedrez venezolano"
Revista "Festival de Danzas Folklóricas Internacionales"
Boletín "Boletín Informativo da Agrupación Galaica : Órgao de difusión mensual da Agrupación Galaica da Irmandade Galega de Venezuela"
Boletín "Boletín Informativo de la Junta Directiva de la Hermandad Gallega de Venezuela"
Boletín "Tips H.G."
Boletín "La Hermandad Hoy"
Xornal "Somos Hermandad : Publicación de la Secretaría de Relaciones Públicas de la Hermandad Gallega de Venezuela"

Hermandad Gallega de Venezuela

Results 561 to 570 of 570