Amosando 704 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Saudade Xove : Revista para galegos sen fronteiras

Esta revista de difusión interna está escrita pola xuventude da Agrupación Saudade, co obxectivo de achegar a cultura galega aos emigrantes de Cataluña. Inclúe artigos sobre literatura, historia, lingua, tradicións, turismo e gastronomía, que se completan con páxinas de ocio.

Número conservado en formato papel:

1996: n. 1

Agrupación Cultural Galega Saudade

Saudade : Agrupación Cultural Galega

Revista societaria que, como din no seu editorial do nº. 2 recolle "o espírito da nosa antecesora "Saudade Xove", converténdose no voceiro social da entidade do mesmo nome. Foi creada para manter informados aos seus socios das diversas actividades culturais organizadas pola entidade e tamén aparecen noticias xerais sobre Galicia e Cataluña: "A vontade desta revista é sobre todo encher o tempo de lecer de aqueles lectores que a poidan ter nas súas mans. Intentaremos ofrecerlles en cada número temas de actualidade, con entrevistas a músicos, escritores, políticos que poidan aportar a súa opinión, artigos que nos acheguen temas de toda índole, historia, xeografía, literatura, turismo etc., para descubrir aspectos da realidade galega dos que ás veces non nos decatamos, e tamén estarán presentes as actividades que a nosa agrupación está a facer".

Números conservados en formato papel:

2002: n. 2
2004: n. 3
2005: n. 4
2006: n. 5
2008: n. 6 (XXV anos de historia)

Agrupación Cultural Galega Saudade

Santa Marta de Ortigueira en Miami : Boletín Informativo

Este boletín informativo está editado pola Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, coa finalidade de informar aos seus socios das súas actividades e para divulgar temas galegos na colectividade emigrada.

Número conservado en formato papel:

2000

Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, sociedad de cultura, recreo y beneficencia

Sanatório Espanhol

Esta publicación foi editada para conmemorar o centenario fundacional da Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Salvador de Bahia, centrándose nun resumo histórico sobre a súa obra hospitalaria, a creación da sociedade coa transcrición da acta fundacional e o listado dos socios fundadores, e as mensaxes e visitas de altas personalidades con motivo desta data como os Reis de España. Tamén informan sobre o presente e futuro da entidade, sendo o Sanatorio o centro sanitario onde os seus socios reciben todo tipo de tratamentos e especialidades médidas.

Número conservado en formato papel:

1985 (revista conmemorativa do centenario social)

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Resultados 41 a 60 de 704