Amosando 328 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Revista Cultural

Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 1

Centro cultural español de Medellín

Círculo Español : Boletín informativo

Esta publicación societaria foi editada polo Círculo Español de Nova York, para informar aos seus socios da vida societaria da entidade (balance económico, memoria social, actividades, ...). Conta ademais con noticias sobre a situación da colectividade hispana no país, pasatempos e noticias de actualidade.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 32

Círculo Español de Nueva York

Boletín informativo de la Asociación Hijos de Silleda

Esta publicación societaria foi editada para informar das actividades realizadas pola entidade e das novas sociais, incluíndo noticias da actualidade de Silleda, algúns artigos de temática variada e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1979: s.n.
  • 1983: n. 24

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Memoria

Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Flores de Silleda

Partitura musical "Flores de Silleda", pasodobre composto por José Barreiro e adicado á "Sociedad Agraria Cultural y Recreativa Hijos de Silleda de Buenos Aires", conservada en formato papel.

Consello de Galiza : Boletín Oficial Informativo

Este boletín editado polo Consello de Galiza ten a finalidade de difundir as ideas defendidas por esta entidade política e expoñer os propósitos dos seus membros en materia de acción política, cultural e patriótica con referencia a Galicia. Inclúe ademais información sobre as actividades organizadas polo Consello de Galiza e as súas delegacións noutros países.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1963: agosto; setembro-outubro
  • 1965: febreiro
  • 1966: xaneiro
  • 1967: novembro

Consello de Galiza

Aquí...Galicia! : Órgano de la Peña Cultural Rosalía de Castro

Esta revista editada pola Peña Cultural Galega da cidade de Rosario, ten a finalidade de «promover el conocimiento integral de Galicia en todos sus aspectos: cultural, geográfico, histórico, social, económico [...] para profundizar nuestro amor para Galicia, recordando que se ama más lo que se conoce mejor. Será este periódico el lazo de unión entre todos los gallegos, hijos de gallegos o, simplemente, galleguistas». Informa das actividades, historia e vida interna da entidade editora e doutras asociacións da colectividade, incluíndo artigos sobre diversos aspectos da cultura galega (historia, xeografía, bibliografía, galegos ilustres, poesía, literatura, pintura, teatro, prensa, lingua, etc.).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1961: n. 6

Peña cultural galega Rosalía de Castro

A Terra : Órgano del Centro Gallego

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Número conservado en formato papel (fotocopias) e dixital:

1920: maio

Centro Gallego de Córdoba

Hispano : Centro Social y Cultural Español de Toronto

Esta publicación societaria foi editada polo Club Hispano de Toronto para informar sobre as súas actividades e sobre a vida da colectividade española alí asentada. Aparecen ademais artigos sobre a cultura española. Conta con seccións de humor, pasatempos, etc.

Número conservado en formato papel:

  • 1994: febreiro (30º aniversario)

Club Hispano de Toronto

Revista del centenario del Centro Español y Repatriación de Santos

Esta revista foi editada polo Centro Español y Repatriación de Santos con motivo do centenario fundacional da entidade, facendo un percorrido histórico polos principais logros da sociedade e sobre as actividades actuais que seguen a realizar.

Número conservado en formato papel:

1995: xaneiro

Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos

Centro Cultural e Recreativo Espanhol

Esta revista societaria foi publicada para informar das actividades aos socios, dedicando grande parte deste número á historia da sociedade editora, ás súas instalacións, directivas, etc.

Número conservado en formato papel:

1975: xullo

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Asociación Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina

Con esta publicación a Asociación de Residentes de Salvaterra de Miño achega aos emigrantes deste concello as noticias que acontecen en Galicia, ademais de informar sobre a marcha da sociedade e as súas actividades.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 3
2002: n. 6
2006: n. 10
2009: n. 13
2010: n. 14

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

La Escuela : órgano de la mutualidad escolar

Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.

Número conservado en formato dixital:

1922: n. 7

Unión Mugardesa

Informe do Hospital Espanhol : Órgâo oficial da Sociedade Espanhola de Beneficência

Esta publicación societaria está editada como órgano oficial da entidade para informar aos seus socios das actividades realizadas polo Hospital Espanhol, da súa propiedade, das súas instalacións e dos servizos que ofrece aos socios, etc. Tamén conta con noticias sobre a sociedade e un saúdo-editorial do seu presidente.

Números conservados en formato papel:

2001: n. 1-2

Sociedade espanhola de beneficência Hospital Espanhol de Rio de Janeiro

Casa de España : Órgano oficial de divulgación de la Casa de España de Rio de Janeiro

Esta publicación está editada como órgano oficial da Casa de España de Rio de Janeiro para informar das diversas actividades organizadas polas seccións desta entidade, composición da directiva, etc. Aparecen tamén artigos sobre persoeiros destacados da colectividade galega residente en Rio, sobre a emigración (aspectos tratados no I Congreso Mundial de Centros Españoles ou no Consejo de Residentes Españoles, política institucional tanto española como brasileira, etc.) , textos literarios e unha sección de noticias sociais de moi diverso tipo.

Números conservados en formato papel:

1ª época
1988: n. 70-72
1989: n. 74
2ª época
1994: n. 1-5
1995: n. 7-9
1996: n. 15
1997: n. 18-21, 23
1998: n. 24, 26, 29
2001: n. 44-46
2003: n. 54-56
2004: n. 58
2006: [s.n.]
2008: [n.s.] n. 57

Casa de Espanha de Rio de Janeiro

Galicia en Valencia : Órgano Informativo de la Hermandad Gallega de Valencia

Esta revista societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Valencia, para informar aos seus socios dos actos sociais e culturais desenvolvidos e/ou nos que tivo participación a entidade. Complétase con noticias procedentes de Galicia e actualidade deportiva. Tamén inclúe composicións literarias.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1
1993: n. 11
1994: n. 12

Hermandad Gallega de Valencia

Reporte Ourensán

Esta publicación societaria está editada pola Xuntanza Fillos de Ourense para informar aos seus socios sobre as súas actividades.

Números conservados en formato papel:

1998: vol. 5 (maio)
2007: [2ª etapa], maio/agosto

Asociación Civil Fillos de Ourense

Resultados 41 a 60 de 328