Fotografías realizadas durante as actividades realizadas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla", conservadas en formato dixital: en banquetes, romerías e actos, en reunións das Xuntas Directivas e dos socios, do Comité de Damas, do Presidente e outros directivos, dos grupos de baile e de grupos de maestras e nenos en clase.
Carta enviada por José Álvarez Teijeiro, do "Centro Galego de La Rioja", ao Consello da Cultura Galega, o día 06/01/1999, para facerlle chegar a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (8 páxinas) cuberta, conservadas en formato papel.
Cartas enviadas pola Presidenta do "Centro Galego de La Rioja", Aurora Álvarez Burgué, á Secretaría Xeral de Emigración, para facerlles chegar a súa revista "Novas Nosas", conservadas en formato papel:
Publicacións sobre o 1º Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles, organizado pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebrado en Salamanca os días 9 a 11 de setembro de 1988, conservados en formato papel:
Programa (19 páxinas)
Proxecto de Ponencias (78 páxinas)
Federación española de casas regionales y provinciales
Folletos editados polo Centro Galego de Barcelona co programa de actividades con motivo das Festas en honor de Santiago Apóstol no Día da Patria Galega, conservados en formato papel:
Carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:
Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.
Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:
Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.
Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia":
Conservados en formato dixital e impreso:
Libro número 8 dixitalizado casi completo (faltan as páxinas 37 e 38). Impresas as actas relativas ao ano 1913. En total son 398 páxinas, dende 07/04/1913 ata o 28/10/1919.
Conservados en formato dixital:
Libro número 9 (400 páxinas) dende 17/11/1919 ata o 26/11/1927. Libro número 10 (348 páxinas) dende 31/12/1927 ata o 31/03/1932. Libro número 11 (400 páxinas) dende 08/04/1932 ata o 12/11/1936. Libro número 12 (395 páxinas) dende 27/11/1936 ata o 16/02/1942. Libro número 13 (400 páxinas) dende 27/02/1942 ata o 28/10/1946. Libro número 14 (500 páxinas) dende 28/11/1946 ata o 23/09/1954. Libro número 15 (500 páxinas) dende 23/09/1954 ata o 22/05/1963.