Correspondencia de Hijos del Ayuntamiento de Boiro con diversos particulares e asociacións: Centro Gallego de Buenos Aires, Banco Español del Río de la Plata, Servicio de Lunch Los 4 amigos, Federación de Sociedades Galegas de la República Argentina, Audición Hispano-Argentina y Centro Musical (Celta), Recreo "El Globo", Jesús Seijo, Cooperativa Alborada, etc.
1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.
Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.
1 carta enviada ao Presidente do Centro Betanzos, Juan Suárez, por Castelao, en agradecemento polo seu nomeamento como Presidente Honorario da institución.
2 cartas enviadas polo Presidente da Federación de Sociedades gallegas, Leonardo Varela Suárez, ao Vicepresidente do Parlamento Galego, Antonio Carro Fernández-Valmaior por mor dunha visita.
Artigo dedicado a Domingo Maza Calvo (pp. 1274-1277) da monografía de Alberto Vilanova Rodríguez: "Los Gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Galicia, 1966. Vol. II". Este escultor galego realizou un busto de Castelao por encargo desta entidade.
Monografía titulada "Homaxe a Galiza no seu día : 25 de xullo de 1942" con letras das cancións interpretadas pola Coral Galega Os Rumorosos, conservada en formato papel.