Libro (112 páxinas) publicado no 40 aniversario do Día das letras Galegas con ocasión do decenario do debut do CUGAB no Paraninfo da UB. Inclúe memoria e edición conmemorativa de partituras orixinais.
Publicacións que forman parte da biblioteca da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".
Conservadas en formato dixital e impreso:
Portada de "Grafía Galega" de Fuco G. Gómez, publicado na Habana en 1927.
Portada de "Covadonga : Epopeya en XV gestas" de José Rubinos, publicado na Habana en 1950.
Portada de "Galicia" de Juan Rivero, publicado na Habana en 1905.
"Cantigas d'a miña terra : álbum de melodías gallegas" de Jose Barreiro (14 páxinas), publicado na Habana en 1942. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Inclúe partituras musicais de pezas tradicionais galegas.
Conservadas en formato dixital:
"A Terra : revista mensual órgano del Centro Gallego", publicada en Córdoba (Arxentina) (34 páxinas)
Novela "Como son os do Glorioso" de Xesús Fernández e González. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Na revista "Lar", ano 2, n. 7 (23/05/1925) (27 páxinas)
Número extraordinario de "Vida Gallega : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia", ano 2, n. 12-14 (25/07/1939) (9 páxinas)
Obra de teatro "Santa Misión", publicada na Habana en 1896.
Correspondencia da sociedade conservada en formato dixital e impreso:
Libro de rexistro da correspondencia mantida pola sociedade "Progreso de Coles", na súa meirande parte coa sociedade "Agricultores de Coles", dende o 14/11/1910 ata o 14/10/1917 (84 páxinas): dixitalizado incompleto
Convite á reunión do "Centro Gallego de La Habana" do 17/08/1942
Convite á reunión da "Sociedad de Instrucción Progreso de Coles" do 04/09/1942
O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.
Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (09/12/1996) 13 tarxetas postais de felicitación de Nadal dos anos 1982-1997 Folleto sobre a exposición da obra de Alberte Permuy na Galería Sargadelos de Madrid (1983) 4 convites 2 anagramas Programas de actos dos Capítulos Xerais (1985-1996) Programa de actos do Capítulo Extraordinario (1993) 2 follas con publicidade
Libro de caixa de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" dos anos 1948-1956, do que se dixitalizaron algúns exemplos (3 páxinas), conservados en formato dixital.