Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega A Coruña (Provincia)
Previsualización da impresión Ver:

33 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Vida carnotana : Boletín oficial del Centro social de recreo y cultura "Hijos del ayuntamiento de Carnota"

Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1943: n. 8

Números conservados en formato dixital:

  • 1943: n. 8
  • 1949: n. 15

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Acta de constitución da entidade

Acta constitutiva da sociedade "Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo" do día 30/09/1934, conservada en formato microfilme e dixital.

Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Federación Mundial de Sociedades Gallegas : Boletín Informativo

Esta publicación pretende recoller todas as novas de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Contén diferentes noticias de carácter político (o estatuto de autonomía) e de interese para os galegos (validación de estudos estranxeiros, etc.); tamén inclúe lembranzas e recordos de Luis Sánchez Mosquera.

Número conservado en formato papel:

1980: n. 2

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Peña Deportivista "Aúpa Depor U.S.A."

Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.

Número conservado en formato papel:

1998 (4º aniversario)

Peña deportivista "AUPA Depor U.S.A."

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro: dixitalizado dende 1941 ata 1961 (38 páxinas)
  • Libro de rexistro: dixitalizado o ano 1965 (17 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Libro de contabilidade

Libro de caixa de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" dos anos 1948-1956, do que se dixitalizaron algúns exemplos (3 páxinas), conservados en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas das reunións das Xuntas Xerais da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez".

Conservados en formato dixital:

  • Libro de 121 actas dende 28/01/1912 ata 13/03/1941 (401 páxinas)
  • Libro nº 2 de 104 actas dende 13/05/1941 ata 22/10/1963 (143 páxinas)

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas dende 21/01/1964 ata 07/1982. Dixitalizado ata o 22/01/1970 (51 páxinas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Listaxe de socios

Listaxe de socios da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital (4 páxinas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

La Unión Mugardesa : revista mensual

Revista de tirada mensual que comezou a súa andadura o 1 de xullo de 1912, "consagrada á los intereses de la Sociedad Unión Mugardesa de Instrucción establecida en La Habana", como indica na súa portada.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1912: n. 1-2

Unión Mugardesa

Orzamento-memoria das escolas

Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Fotografías

Fotografías realizadas na sociedade "Calo y Viduido", conservadas en formato dixital:

  • Fotografía dun adresógrafo, empregado para realizar transaccións económicas.
  • Fotografía dun grafotipo, empregado para imprenta.

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de 169 actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján" dende 08/03/1921 ata 22/03/1934 (319 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Buján, Sociedad de instrucción, beneficencia y recreo

Carta enviada a Pilar Cagiao Vila

Carta enviada o 23/07/2002 por José Francisco Borges López, Presidente de "Puentedeume y su Partido. Sociedad Española de beneficencia y recreo" a Pilar Cagiao Vila, Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo

Actas

Actas que deron lugar á constitución da Xunta de Organizacións Galegas en Europa, conservadas en formato papel:

  • 1980: 2 e 3 de febreiro, 1 e 2 de marzo, 14 e 15 de xuño, 5 de xullo, 14 de setembro, 4 e 5 de outubro, 8 e 9 de novembro
  • 1981: 31 de xaneiro e 1 de febreiro, 28 e 29 de marzo, 28 e 29 de novembro

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Resultados 41 a 60 de 247