Libro (112 páxinas) publicado no 40 aniversario do Día das letras Galegas con ocasión do decenario do debut do CUGAB no Paraninfo da UB. Inclúe memoria e edición conmemorativa de partituras orixinais.
Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) remitida pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega en 1998, conservada en formato papel (fotocopias).
Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.
Regulamento da "Delegación General del M.I. Centro Gallego de La Habana en Santiago de Cuba" (47 páxinas) aprobado o 09/10/1927 publicado en Santiago de Cuba en 1937, conservado en formato dixital e impreso.
Centro Gallego de La Habana. Delegación en Santiago de Cuba
Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Recreo, Protección y Seguros mutuos Calo y Viduido" (10 páxinas) aprobado o 17/04/1926, conservado en formato dixital e impreso.
Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos
Manifesto sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia elaborado por "Lar Gallego" e a "Asociación Cultural Gallega O Pote", de Holanda (05/11/1980), conservado en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta polo Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” a iniciativa do Consello da Cultura Galega (16/12/1998), conservada en formato papel.