Folleto co programa de actividades con motivo do "I Concurso de folklóre galego" organizado pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega", conservado en formato papel.
Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.
Memoria de "Hijos del Ayuntamiento de Abadín. Sociedad de Instrucción y Beneficencia", correspondente aos anos 1922-1925, e publicada en 1926 (49 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965
Folletos editados pola sociedade "Lar Gallego de Sevilla" para difundir as actividades organizadas con motivo das Xornadas Galegas, conservados en formato papel:
Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.
Folletos editados polo "Centro Galicia de Ponferrada" co programa dos actos a celebrar na Romaría da Cruz de Ferro, con motivo do Patrón, Santiago Apóstol, conservados en formato papel:
Folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española organizado pola "Casa de Galicia en León" coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, conservado en formato papel.
Estatutos do Centro Galego de Barcelona aprobados en Asamblea Xeral Extraordinaria do 10/11/1984, publicados co texto en galego e en castelán (30, 31 páxinas), conservados en formato papel.