Amosando 51 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega A Coruña (Provincia) Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

Unión Mugardesa de Instrucción

Esta publicación societaria foi editada pola sociedade Unión Mugardesa para informar aos seus asociados das diferentes actividades organizadas pola entidade en pro da instrución na súa terra natal, prioridade da sociedade, ademais de salientar todo o que acontecía na súa terra natal.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1918: n. 4 (extraordinario)
1922: n. 5-6

Unión Mugardesa

Nuestra obra : revista mensual de la sociedad Hijos del Ayuntamiento de Coirós

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

O AEG conserva o n. 1 (1924) da publicación, que aparece reproducido na obra "Sociedade Hijos del Ayuntamiento de Coirós, 1906-2006" de Manuel Fiaño e Miguel Gayoso, conservado en formato dixital.

Asociación Casa Coirós, cultural y mutualista

Boletín de la sociedad cultural y agraria del distrito de Mugía

Esta publicación societaria informa das actividades e notas sociais da Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (capital social, ecos de sociedade, nómina de socios, etc.) e recolle informacións da zona de Muxía, colaboracións literarias e artigos de temática variada sobre Galicia. Ten colaboracións habituais de destacados escritores como Gervasio Paz Lestón, Ramón Otero Pedrayo, Gonzalo López Abente ou Manuel Pereira Santos entre outros e fotografías de Ramón Caamaño.

Números conservados en formato dixital:

1928: n. 4-5
1929: n. 6-8
1930: n. 9-11
1931: n. 12-13
1932: n. 14-15
1933: n. 16-17
1934: n. 18

Números conservados en formato papel (impresión dixital):

1930: n. 10-11

Sociedad cultural y agraria del distrito de Mugía

Padrón

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1945
  • 1947
  • 1950

Sociedad residentes del partido judicial de Padrón

Cartas sobre a revista Galicia en Madrid

Cartas enviadas por GRUGALMA, conservadas en formato papel:

  • O Departamento de Publicacións informa do comezo dunha nova etapa da publicación e invita aos escritores a enviar textos.
  • A Dirección invita a suscribirse e incorpora un boletín a tal efecto.

Grupo Cultural Galicia en Madrid GRUGALMA

Galicia en Madrid : Revista de Letras, Ciencias y Artes

Esta revista societaria foi creada, inicialmente, como boletín interno do Centro Gallego co obxectivo de informar sobre as actividades do mesmo e servir de medio de comunicación entre os seus socios. Posteriormente, desde o número 6, cambia de editor e atende preferentemente a aspectos da realidade e da cultura galegas. Inclúe unha gran cantidade de colaboracións literarias (contos, lendas, poesías), recensións de libros e revistas, biografías de escritores galegos, artigos sobre música, arte, lingua, etc. e, en menor medida, traballos sobre outros aspectos da sociedade galega como pode ser a economía, o turismo, a gastronomía, entrevistas, etc. Contén tamén un noticiario cultural de Galicia e información sobre as actividades realizadas por GRUGALMA e outras agrupacións galegas existentes en Madrid.

Números conservados en formato papel:

2ª época:
1984: n. 8-9
1985: n. 15
1986: n. 16, 18-19
1987: n. 20-21, 23
1988: n. 26-27
1989: n. 28, 30-31
1990: n. 32-33, 35
1991: n. 36-39
1992: n. 40-43
1993: n. 44-47
1994: n. 48-51
1995: n. 52-55
1996: n. 57-58
1997: n. 59-60
1998: n. 61-62
1999: n. 63-64
2000: n. 65-66
2001: n. 67-68
2002: n. 69, 71
2003: n. 72-74
2004: n. 75-77
2005: n. 78-79
2006: n. 80-81
2007: n. 82-83
2008: n. 84
2009: n. 85

Grupo Cultural Galicia en Madrid GRUGALMA

Resultados 41 a 51 de 51