Folletos editados pola sociedade "Lar Gallego de Sevilla" para difundir as actividades organizadas con motivo das Xornadas Galegas, conservados en formato papel:
Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.
Folletos editados polo "Centro Galicia de Ponferrada" co programa dos actos a celebrar na Romaría da Cruz de Ferro, con motivo do Patrón, Santiago Apóstol, conservados en formato papel:
Folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española organizado pola "Casa de Galicia en León" coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, conservado en formato papel.
Estatutos do Centro Galego de Barcelona aprobados en Asamblea Xeral Extraordinaria do 10/11/1984, publicados co texto en galego e en castelán (30, 31 páxinas), conservados en formato papel.
Folletos co programa das festas galegas organizadas anualmente no mes de maio pola Irmandade Galega O Noso Lar de Terrassa, conservados en formato papel:
Programas da festa galega celebrada cada ano pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro no parque de Can Mercader, Cornellá de Llobregat, con motivo das Letras Galegas e da Festa Maior de Cornellá, conservados en formato papel:
Programas da "Fiesta popular de las nacionalidades y comunidades autónomas" celebrada cada mes de xuño pola Irmandade A Nosa Galiza en Mollet del Vallés, conservados en formato papel:
Díptico da XVII festa de 1996 (213 x 157 mm)
Díptico da XXVIII festa de 2007 (215 x 100 mm)
Folla voandeira da XXXI festa de 2010 (214 x 100 mm)
Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Folleto editado polo "Centro Ourensan de Montevideo" sobre o primer Museo Sudamericano de Historia da actividade agrícola en Galicia, con pezas do periodo 1800-1950 cedidas por José María García.
Regulamentos da sociedade "Club España de Newark", presentados á xunta xeral extraordinaria convocada a tal efecto o día 03/05/1987, conservados en formato papel (fotocopias).