Xornal informativo onde se informa sobre as actividades da entidade editora e de todas as axudas económicas do goberno español para os emigrantes maiores. No primeiro número hai unha entrevista ao conselleiro laboral da Embaixada de España en Arxentina. Tamén hai artigos de carácter cultural: na última páxina hai un artigo asinado por Camilo José Cela que trata da morriña en Galicia.
Número en papel:
1992: n. 1 (julio)
Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina
Este xornal está editado pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Bahía para informar sobre o Hospital Espanhol que eles fundaron e dirixen; aparecen amplas informacións sobre servizos médicos que se ofrecen, entrevistas a facultativos e nas páxinas centrais unha completa guía médica con todas as especialidades e enderezos onde poder acudir.
Número conservado en formato papel:
1996: n. 29
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Reformas dos estatutos dispostas pola asemblea extraordinaria do día 15/04/1987, con inclusión do cambio de denominación da institución aprobado o día 27/05/1988 e certificación de copias.
Estatutos da "Sociedade Santa Tereza de Ávila" aprobados en Asemblea Xeral o día 14/06/1988, con personalidade xurídica dende o 31/05/1989, conservados en formato papel.
Folleto do Estatuto do "Círculo Social Valle Miñor de los Municipios de Baiona-Gondomar y Nigrán" aprobado o 25 de agosto de 1952 e modificado o 31 de maio de 1990.
Estatutos renovados da Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa con indicación de que se trata de unha entidade con personería xurídica (16 páxinas)
Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa
Estatutos da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante" aprobados o 15/05/1951 (27 páxinas), conservados en formato dixital e impresos de maneira incompleta.