Showing 962 results

Archival description
Arxentina
Print preview View:

62 results with digital objects Show results with digital objects

Mondoñedo : Publicación Oficial de la sociedad Mondoñedo y sus distritos

Publicación societaria que está dedicada na súa maior parte a informar das actividades e situación interna da Sociedad Mondoñedo y sus distritos de Buenos Aires. Inclúe ademais novas referidas á actualidade galega, especialmente da comarca de referencia, que aparecen recollidas en «Noticias de Mondoñedo». Defende os intereses locais, como o paso do ferrocarril central galego por Mondoñedo, e realiza diferentes chamamentos ás autoridades municipais. Por último, aparecen artigos e reflexións de temática moi variada e diversas colaboracións literarias.

Números conservados en formato microficha:

  • 1926: n. 4
  • 1927: n. 11, 13-14
  • 1928: n. 15-16

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Boletín de la Federación de asociaciones españolas en la República Argentina

Boletín de la Federación de asociaciones españoles en la República Argentina
Este boletín societario foi editado pola Federación de Asociaciones españolas en la República Argentina para informar sobre as asociacións que integran dita federación, as súas actividades, etc.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1922: n. 2, 4-5
1923: n. 6

Federación de asociaciones españolas en la República Argentina

Umia y Lérez : Órgano de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en el Plata. Pro cultura y protección

Esta revista foi o órgano oficial da sociedade editora para informar do seu labor societario. Contén ademais artigos de carácter político sobre a situación galega cunha clara orientación republicana e autonomista e aparecen colaboracións literarias e artigos divulgativos. Inclúe tamén artigos sobre a actualidade da comarca («Noticias de Forcarey») e novas sociais.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1935: n. 148

Residentes del ayuntamiento de Forcarey en el Plata

Recorte de prensa de "El Debate"

Recorte de prensa de "El Debate", de xullo de 1936, onde aparece unha fotografía do centro escolar inaugurado e costeado por esta sociedade na súa parroquia natal.

Centro Bergondo y sus contornos

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva da "Alianza de Céltigos, Incio, Corbelle y sus contornos", conservados en formato microfilme e dixital:

  • 1926-1927 (128 páxinas)
  • 1928-1932 (192 páxinas)
  • 1933-1940 (192 páxinas)
  • 1940-1942 (42 páxinas)

Alianza de Céltigos, Incio, Corbelle y sus contornos

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad La Antorcha del porvenir, residentes de Cristiñade en Buenos Aires" de 26/06/1919, conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad La Antorcha del porvenir, residentes de Cristiñade en Buenos Aires

Sociedad de Meira y sus contornos

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva dos anos 1924-1937
Libros de Actas das reunións das Asembleas de Socios dos anos 1924-1937

Sociedad de Meira y sus contornos

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Centro Villalbés" nos anos 1914-1938, conservada en formato microfilme e dixital:

  • Correspondencia: 1914-1915, 1917-1920, 1921-1938
  • Libros copiadores: 1924-1927, 1930

Centro Villalbés

Unión Villalbesa

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Correspondencia da sociedade durante os anos 1941-1952
Ficheiros de socios da sociedade dos anos 1953-1959

Unión Villalbesa

El Republicano español

Este xornal dirixido por Indalecio Cuadrado defende desde as súas páxinas o ideario republicano, analizando a política e a realidade socioeconómica e cultural de España nese momento. Informa ademais sobre as sociedades españolas creadas na Arxentina.

Números conservados en microfilme:

1909: n. 79; 102; 104; 127
1910: n. 186; 239; 243; 245; 248-250; 252-255; 257-258; 264; 267; 276-277
1911: n. 303-304

Federación republicana española de América

Results 681 to 700 of 962