Amosando 1654 resultados

Descrición arquivística
Europa Centros Galegos
Previsualización da impresión Ver:

79 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Festa de San Xoán

Boletín societario editado polo centro A Nosa Galiza de Xenebra, con motivo da celebración anual das festas de San Xoán, para informar aos seus socios das actividades festivas organizadas con tal fin.

Números conservados en formato papel:

2000: 13ª festa
2001: 14ª festa
2003: 16ª festa
2010: 22ª festa
2012: 25ª festa

Sociedade "A Nosa Galiza"

Festa Galega en honor a Santiago Apóstol

Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da festa de Santiago Apóstolo. Ten a finalidade de dar a coñecer o programa festivo organizado pola entidade editora; aproveitan para dar a coñecer as actividades societarias realizadas ao longo do ano. Inclúe ademais algúns artigos sobre Galicia.

Números conservados en formato papel:

  • 1998: I Festa Galega
  • 1999: II Festa Galega
  • 2000: III Festa Galega
  • 2001: IV Festa Galega
  • 2002: V Festa Galega
  • 2003: VI Festa Galega
  • 2004: VII Festa Galega
  • 2005: VIII Festa Galega
  • 2006: IX Festa Galega
  • 2008: XI Festa Galega
  • 2010: XIII Festa Galega

Agrupación Cultural Gallega Alborada

Festas do Santiago

Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.

Números conservados en formato papel:

1984 (220 x 156 mm)
1986 (215 x 150 mm)
2005 (tamaño A4)

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Festival de Danzas Folklóricas Internacionales

Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.

Número conservado en formato papel:

2003: XXIVº festival

Hermandad Gallega de Venezuela

Fichas de socios

Fichas de socios da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservadas en formato dixital:

  • Ficha de 1921
  • Ficha de 1924
  • Ficha de 1958

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Fichas de socios

Fichas de altas e baixas de socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".

Conservadas en formato dixital:

  • Fichas de baixas: 9.026 fotogramas das fichas relativas ás baixas de socios da entidade dende a súa fundación, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á Z.
  • Fichas de altas: 245 fotogramas das fichas relativas ás altas de socios da entidade, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á C.
  • Fichas de exiliados: Ramón Fernández Mato e José Rubia Barcia: 4 fotogramas

Conservada en formato papel (fotocopia):

  • Ficha de socio nº 3233

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Fichas e carnés de socios

Fichas metálicas de socios de "Hijos del Partido de Lalín" e carné de socia expedido o 12/09/1961, conservadas en formato dixital.

Hijos del Partido de Lalín

Ficheiro de Socias Contribuíntes

Ficheiro de Socias Contribuíntes da "Real sociedade espanhola de beneficência" (325 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socias Falecidas

Ficheiro de Socias Falecidas da "Real sociedade espanhola de beneficência" (138 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socias Remidas

Ficheiro de Socias Remidas, que pola súa antigüedade como socias están eximidas de pago, da "Real sociedade espanhola de beneficência" (709 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socios categoría convenio

Ficheiro de Socios categoría convenio da "Real sociedade espanhola de beneficência" (151 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socios Contribuíntes

Ficheiro de Socios Contribuíntes da "Real sociedade espanhola de beneficência" (496 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socios Falecidos

Ficheiro de Socios Falecidos da "Real sociedade espanhola de beneficência" (1339 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socios non localizados

Ficheiro de Socios non localizados da "Real sociedade espanhola de beneficência" (178 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiro de Socios Remidos

Ficheiro de Socios Remidos da "Real sociedade espanhola de beneficência" (1216 fichas), conservado en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Ficheiros de socios

Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.

Sociedad hijos del ayuntamiento de Buján

Ficheiros de socios

Fichas de socios ordeadas polo nome de pila e conservadas en formato dixital:

  • Ficheiro de Socios Activos (302 fichas)
  • Ficheiro de Socios Cancelados (896 fichas)
  • Ficheiro de Socios Falecidos (250 fichas)
  • Ficheiro de Socios do Departamento de Cultura Galega (480 fichas)

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Fiesta de las Nacionalidades y Comunidades Autónomas

Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.

Números conservados en formato papel:

  • 1987: VIII festa
  • 1989: X festa
  • 1990: XI festa
  • 1991: XII festa
  • 1992: XIII festa
  • 1996: XVII festa
  • 2000: XXI festa
  • 2001: XXII festa
  • 2004: XXV festa
  • 2005: XXVI festa
  • 2006: XXVII festa
  • 2007: XXVIII festa
  • 2008: XXIX festa
  • 2010: XXXI festa
  • 2011: XXXII festa
  • 2012: XXXIII festa

Irmandade A Nosa Galiza

Resultados 701 a 720 de 1654