Showing 5701 results

Archival description
Print preview View:

129 results with digital objects Show results with digital objects

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Recibo

Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar"

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
  • Inventario de propiedades de ambas sociedades
  • Acta de fusión do 05/07/1957
  • Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada"

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • 1 carta enviada en 1958 polo Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez.
  • Carta enviada dende a empresa Rivera y Cía. á sociedade sobre unhas xardineiras do seu Panteón (21/05/1959)
  • 3 cartas enviadas ó longo do ano 1959 polo mestre de Roupar, Benito López García, á Sociedade.
  • Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos de Roupar, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Results 701 to 720 of 5701