Showing 790 results

Archival description
Item
Print preview View:

54 results with digital objects Show results with digital objects

Modelo de carta

Modelo de carta da "Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de Castro", co emblema societario, conservado en formato papel.

Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de Castro

Tarxeta postal

Tarxeta postal enviada polo "Centro Galego de La Rioja" para felicitar o ano 2005, conservada en formato papel.

Centro Galego de La Rioja

Programa do VI Ciclo Cultural

Folleto editado pola Casa de Galicia en Cantabria e o Centro Gallego de Santander co programa de conferencias do VI Ciclo Cultural celebrado en novembro de 2005, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Santander

Folleto sobre afiliación

Folleto de difusión da actividade mutualista e e asistencia sanitaria ofrecidas pola Casa de Galicia de Montevideo e "Tarjeta D", conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Documentación electoral

Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.

Hermandad Gallega de Venezuela

Primera Semana de Galicia en Luján

Tríptico co programa da "Primera Semana de Galicia en Luján : días 23, 24 y 25 de octubre de 1987". Colaboran os centros: Asociación Folclórica "Xeito Novo", Centro Arzuano Melidense, Centro Betanzos de Buenos Aires, Ateneo Galaico Argentino, Centro Galicia de Buenos Aires, Centro Gallego de Avellaneda, Centro Gallego de La Plata, Centro Gallego de Rosario, Centro Gallego de Tandil, Grupo Céltico Poitin, Hogar Gallego para Ancianos, Instituto Argentino de Cultura Gallega, Sociedad Tuy y Salceda.

Centro Gallego de Buenos Aires

Carta de Luciano Folgar a Jesús Blanco

Carta de Luciano Folgar, maestro, a Jesús Blanco, Presidente, do 17/04/1926, acusando recibo da súa previa do día 23 de marzo e dun libro de Eduardo Ortega y Gasset. Opina sobre a publicación "Verdad y Justicia" e informa sobre a marcha das escolas e máis concretamente da de Gresande.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Programa do "Concierto de corales" organizado pola Irmandade A Nosa Galiza

Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Modelo de folio

Modelo de folio do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" en papel timbrado e selado, conservado en formato papel.

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva (1923-1930)

Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva da entidade:

  • 1923: 13 e 27 de xaneiro; 1 de febreiro; 1 de marzo; 11 e 24 de abril; 12 e 26 de maio; 29 de xuño; 21 de xullo; 3, 18 e 29 de agosto; 15 de setembro; 5 e 28 de outubro; 17 e 21 de novembro; 7 de decembro
  • 1924: 6 e 21 de xuño; 4 de xullo; 1 e 16 de agosto; 20 de setembro; 18 e 26 de outubro; 7 de novembro; 5 de decembro
  • 1925: 17 de xaneiro; 21 de febreiro; 6 e 21 de marzo; 3, 18 e 26 de abril; 1 e 16 de maio; 5 e 20 de xuño; 3, 7 e 18 de xullo; 7, 10, 11 e 15 de agosto; 5, 8 e 19 de setembro; 10 e 18 de outubro; 6 e 21 de novembro; 4 e 11 de decembro
  • 1926: 3 e 26 de xaneiro; 5 e 20 de febreiro; 6, 9 e 20 de marzo; 2, 17, 25 e 28 de abril; 7 e 15 de maio; 4 e 12 de xuño; 2, 12 e 17 de xullo; 6, 21 e 25 de agosto; 3 e 18 de setembro; 12, 16 e 23 de outubro; 5, 13 e 20 de novembro; 5 e 11 de decembro
  • 1927: 7 e 15 de xaneiro; 4 e 19 de febreiro; 4 e 19 de marzo; 6, 8, 16 e 23 de abril; 21 de maio; 3 e 18 de xuño; 1 e 16 de xullo; 6 e 20 de agosto; 2 e 17 de setembro; 7 e 15 de outubro; 6, 12 e 19 de novembro; 2 e 17 de decembro
  • 1928: 6 e 21 de xaneiro; 3 e 18 de febreiro; 2 e 17 de marzo; 6 e 21 de abril; 4 e 20 de maio; 16 de xuño; 6, 12, 21 e 25de xullo; 3 de agosto; 7 e 15 de setembro; 5 e 28 de outubro; 7 e 15 de decembro
  • 1929: 19 de xaneiro; 1 e 16 de febreiro; 1 e 16 de marzo; 5 e 28 de abril; 3 e 18 de maio; 7 de xuño; 5, 19 e 28 de xullo; 21 de setembro; 4 de outubro; 1, 3 e 16 de novembro; 6 e 21 de decembro
  • 1930: 3 e 16 de xaneiro; 7 e 15 de febreiro; 7 e 15 de marzo; 4 e 19 de abril; 2, 4 e 18 de maio; 6 de xuño; 4 de xullo; 1 de agosto; 5 de setembro; 3 e 18 de outubro; 7 e 9 de novembro; 5 e 20 de decembro

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Estatutos

Estatuto de 1996 da "Real sociedade espanhola de beneficência" (34 páxinas), conservado en formato papel e dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Folleto con "Cantigas Galegas"

Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.

Centro de Estudos Galegos de Salvador de Bahia

Results 721 to 740 of 790