Amosando 1654 resultados

Descrición arquivística
Europa Centros Galegos
Previsualización da impresión Ver:

79 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Fiesta de Santiago : Teatro Nacional

Publicación da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia con motivo da celebración da Festa de Santiago.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1935: Fiesta de la Música Gallega
1936: Maruxa
1937: [s.n.]

Número conservado en formato papel (orixinal):

1935: Fiesta de la Música Gallega

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Fogar de Breogán : Voceiro do Centro Galego de Hannover

Esta publicación societaria informa das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, o Centro Galego de Hannover en Alemaña. Compleméntase con escritos sobre a arte, cultura, tradicións galegas e unha sección de pasatempos.

Número conservado en formato papel:

1988: setembro

Centro Gallego de Hannover

Follas Novas

Esta publicación societaria está dirixida á xuventude da Casa de Galicia de Bilbao, contendo noticias anecdóticas sobre a institución, seccións de ocio e pasatempos, algunha entrevista e declaracións institucionais.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1-2, 4
1989: n. 5, 7

Casa de Galicia de Bilbao

Folleto

A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959

Irmandade galega de Buenos Aires

Folleto "Betanzos honra a sus mártires"

Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.

Centro Betanzos

Folleto co programa de actividades

Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.

Casa de Espanha de Rio de Janeiro

Folleto con "Cantigas Galegas"

Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.

Centro de Estudos Galegos de Salvador de Bahia

Folleto da Cea de gala

Folleto da cea de gala celebrada en Barcelona o 25/06/2005 e organizada pola AEGA-CAT, conservado en formato papel.

Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña

Folleto da escola "Rosalía de Castro"

Folleto da escola "Rosalía de Castro", fundada pola "Sociedad Instructiva Pro-Escuelas Hijos de Taragoña en la República Argentina", conservado en formato microfilme.

Sociedad instructiva pro-escuelas hijos de Taragoña en la República Argentina

Folleto da exposición de Manuel Otero

Folleto sobre a exposición de Manuel Otero organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 11 de xuño e o 2 de xullo de 1993.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Resultados 721 a 740 de 1654