Showing 121 results

Archival description
América File Cartas
Print preview View:

10 results with digital objects Show results with digital objects

Carta á Radio Galega

1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.

Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.

Centro Betanzos

Correspondencia do centro

Correspondencia de "Unión Agrícola de Salceda de Caselas" e do "Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda" dende 1918

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Correspondencia dirixida ao Arquivo da Emigración Galega

O Presidente da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Alfredo Carlos Peña, envía unha carta o día 11/11/1998 ao Xerente do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, para facerlle chegar:

  • Enquisa cuberta (7 páxinas)
  • Memoria do ano 1997 (3 páxinas)
  • Escudos das sociedades antecesoras e da actual (3 páxinas)
  • Estatutos (11 páxinas) (fotocopia)

O Secretario da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Francisco José Fontaíña, envía unha carta o día 16/02/1999 ao Consello da Cultura Galega coa súa revista societaria.

O Presidente, Santos Gastón Juan, e o Secretario, Jorge Calvetti, da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", envían unha tarxeta postal para felicitar o ano 2005.

Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa

Cartas sobre a revista Vieiros

Cartas sobre a Revista "Vieiros", editada polo "Padroado da Cultura Galega de México", conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Carta informando da creación da revista (abril 1959)
  • Carta enviada a Manuel Gurriaran El Barco con motivo do envío do n. 3 da publicación (20/11/1965)

Padroado da cultura galega en México

Correspondencia recibida

Cartas recibidas pola sociedade "Ateneo Curros Enríquez" durante os anos 1944, 1952-1956 e 1958-1970, conservadas en formato microficha.

Ateneo Curros Enríquez

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada pola sociedade "Unión Quiroguesa y sus distritos" durante os anos 1934, 1936-1939, 1941-1944, 1944-1945 e 1948-1956

Unión Quiroguesa y sus distritos

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Centro Villalbés" nos anos 1914-1938, conservada en formato microfilme e dixital:

  • Correspondencia: 1914-1915, 1917-1920, 1921-1938
  • Libros copiadores: 1924-1927, 1930

Centro Villalbés

Cartas enviadas por Manuel Rodríguez y Rodríguez

Cartas enviadas polo Presidente da "Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro", Manuel Rodríguez y Rodríguez:

  • Á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 22/11/1996, para facerlle chegar un modelo de carta e unha tarxeta da entidade.
  • Ao Coordinador de proxecto do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 21/10/1998, para confirmar o envío anterior e remitir a enquisa "As sociedades galegas no mundo".

Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de Castro

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires"

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada ao Presidente da sociedade "Hijos del Partido de Lalín" relativa ao proxecto de colaboración para a construcción dunha escola-hospital-asilo (05/10/1928)
  • Proxecto e memoria e balance da sociedade arxentina

Hijos del Partido de Lalín

Documentación relativa ao Panteón social

Documentación relativa ao Panteón social de Santaballa conservada en formato papel (fotocopias):

  • Certificado do Obispado de Mondoñedo de cesión de terreo (1931)
  • Acta do 21/03/1932 na que se decide contratar ao canteiro Felipe Gante Verdes para construir catro nichos en Santaballa
  • Recibí da Parroquia (1932)
  • Recibí dun arrimo (1932)
  • Recibí dunha comida (1933)
  • Relación de enterrados (1968?)
  • Relación de recaudación

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Correspondencia con outras sociedades

Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida co:

  • Sindicato "Juventud Agraria" de San Salvador e San Martín de Lanzós
  • "Unión de San Simón y Samarugo"
  • Club O Acebo de Cangas de Tineo
  • Embaixada de España en Cuba
  • Cruz Vermella Española en Cuba
  • "Comité de Auxilio Pro Repatriación de Emigrantes Españoles"
  • "Instituto de Estudios Gallegos"
  • Casino de Vilalba, Sociedade Recreativa
  • Comité Federativo das Sociedades de Instrucción, Beneficencia e Recreo do Partido Xudicial de Vilalba
  • "Unión Villalbesa y su Comarca"
  • "Asociación de Propietarios, Industriales y Vecinos de Medina y Príncipe"
  • Unión Barcalesa
  • "Juventud Sporting Club" de Lanzós
  • "Club Gijonés de La Habana"
  • "Hijos de Goiriz"
  • "Hijos de Galicia" de Cárdenas
  • "Asociación Nacional de Enfermeras y Alumnas de la República de Cuba"
  • "Liga Santaballesa"
  • "La Aurora de las Somozas"
  • "Comisión Central Pro-Monumento a Marti"
  • "Club Luarqués da Habana"

Progreso de Lanzós

Correspondencia varia

Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida cos seus asociados e con:

  • "Delco-Light and Frigidaire"
  • Goberno Provincial de A Habana
  • Concello de Vilalba
  • Xardíns e Campo "La Polar" en Puentes Grandes
  • "Secretaría de Facenda da República de Cuba"
  • Xardíns "La Tropical"
  • Correos de A Habana
  • Consulado de España en Cuba
  • Cervecería "La Polar" en Puentes Grandes
  • "Centro Gallego de La Habana"
  • Casa de Préstamos "La Favorita" de A Habana

Progreso de Lanzós

Correspondencia co concello de A Golada

Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e o concello de A Golada, conservada en formato dixital e impreso:

Acerca da doazón dun reloxio eléctrico para o edificio do concello:

  • Carta enviada ao Alcalde de A Golada, Licerio Hermida (23/05/1958)
  • Carta enviada a Manuel Varela (23/05/1958)
  • Certificado de recepción da doazón do reloxio, asinado polo Secretario do concello de A Golada, Antonio Tejada Carrascal (30/08/1958)
  • Carta enviada polo Alcalde de A Golada, Licerio Hermida (30/08/1958)

En agradecemento polo envío dunha fotografía da Xunta Directiva:

  • Certificado do Secretario do concello de A Golada, Wenceslao Sarandeses Rodríguez (06/10/1973)

Con motivo de compartir datos históricos da sociedade:

  • Carta enviada ao Alcalde do concello de A Golada (01/10/1990)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Results 61 to 80 of 121