Amosando 787 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental simple
Previsualización da impresión Ver:

50 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Acta de constitución da Unión Mugardesa de Instrucción

Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.

Unión Mugardesa

Acta de fusión

Acta da reunión na que se decide a fusión das sociedades "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:

  • Acta nº 5 do día 18/10/1987 (2 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Acta fundacional

Acta fundacional do Centro Galaico Venezolano (08/12/1990), conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Galaico Venezolano

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Actas Junta Directiva

Libro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 136 actas dende o 30/04/1979 ata o 14/06/1997 conservadas en papel (fotocopias) e dixital.

Unión Barcalesa

Actos programados para 1997

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de xullo e agosto de 1997, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Actos programados para 2002

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de abril e maio de 2002, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Álbum conmemorativo

Álbum conmemorativo da fundación da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital:

  • "Hermandad Gallega de Venezuela : Álbum conmemorativo de la constitución de la Hermandad" (188 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Balance económico dunha festa

Balance económico da festa celebrada o 12/02/1911 pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservado en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Banquete federal

A federación publica un folleto titulado: "Banquete federal"

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Resultados 61 a 80 de 787