Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Recibo que certifica o pago da sociedade "Unión Trivesa" polo aluguer dunha vitrina ao "Centro Gallego de La Habana" (1961), conservado en formato dixital.
Contrato de arrendamento entre o "Centro Gallego" e as sociedades de instrucción, asinado o día 01/04/1936 entre o Presidente do Centro Gallego e o da sociedade "San Simón y Samarugo" (2 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Carta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.
Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa". Conservado en formato dixital e impreso. Contén 199 actas dende o 27/01/1912 ata o 12/12/1922.
Reforma do Regulamento de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira. Sociedad de Instrucción y Socorro" (20 páxinas) aprobada o día 29/02/1940, conservada en formato dixital e impreso.