Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.
En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.
Reformas dos estatutos dispostas pola asemblea extraordinaria do día 15/04/1987, con inclusión do cambio de denominación da institución aprobado o día 27/05/1988 e certificación de copias.
Partitura musical "Ondiñas da nosa ría : rianxeira" (letra de Jesús Frieiro ; música de Ángel Romero), conservada en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Estatutos da Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión con indicación de que se trata de unha entidade con personería xurídica (36 páxinas) (fotocopiados)
Contestación á enquisa enviada polo AEG sobre as sociedades galegas no mundo. Enquisa contestada pola vogal suplente Beatriz Carballo Regueira, destacando ao antigo socio José María Mouro.
Estatutos renovados da Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa con indicación de que se trata de unha entidade con personería xurídica (16 páxinas)
Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.