Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega A Coruña (Provincia)
Previsualización da impresión Ver:

33 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa ou por asociacións integrantes, conservadas en formato papel:

  • Carta enviada polo Presidente da Peña Galega de Munich, Modesto Hermida, comunicando que non asistirán á xuntanza dos días 1 e 2 de marzo de 1980 (24/02/1980) (fotocopias)
  • Carta enviada por Asunción Panizo, do Grupo Cultural Galego de Colonia, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (21/03/1981) (fotocopias)
  • Carta enviada pola Segredaria do Comité pra Galiza de Holanda, Tereixa González, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada pola Directiva d'O Lar Galego, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada polo Cumio da Asociación Cultural Galega O Pote, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada polo Responsable de Asuntos Internos-Esternos da Irmandade Galega O Pote de Zurich, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada dende a Irmandade Galega en Suiza, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (25/03/1981)
  • Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de AARAU, Manoel Baña-Pérez, comunicando que non asistirán á xuntanza do día 11 de abril de 1981 (08/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando confirmación do cambio de lugar para a xuntaza dos días 6 e 7 de xuño de 1981 (20/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando a acta da última xuntanza e o borrador definitivo do Regulamento (15/10/1981)

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Memorias de Naturales de Ortigueira

Memorias da sociedade "Naturales de Ortigueira" dende o 24/06/1928 ata o 24/06/1964, encadernadas en formato libro (483 páxinas), con algúns erros de imprenta, conservadas en formato dixital e impreso.

Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira

Regulamento

Regulamento da sociedade de instrución "Lousame y Noya", conservado en formato dixital e impreso:

  • Regulamento aprobado o 07/05/1924 (21 páxinas)

Lousame y Noya

Regulamento

Regulamento da sociedade "Hijos del Valle del Ulla y su Comarca", conservado en formato papel e dixital:

  • Regulamento da sociedade aprobado o 10/02/1928 (23 páxinas)

Hijos del Valle del Ulla y su Comarca

Fotografías

Fotografías realizadas en actividades da asociación: reunións, tomas de posesión, inauguracións, comidas, etc., conservadas en formato dixital.

Unión Barcalesa

Libro do Panteón Social

Libro do Panteón Social dende o 19/10/1931 ata o 14/12/1998 (64 páxinas), que contén o título de propiedade, conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Unión Residentes de Dodro" do ano 1940 a 1981 (47 follas), conservado en formato microfilme e dixital.

Unión Residentes de Dodro

Estatutos generales de la Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus Contornos

Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.

Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos

Memorias e balances

Memorias e balances dos exercicios sociais da sociedade "Hijos del Partido Judicial de Noya".

Números conservados en microfilme:

  • 1932-1933
  • 1933-1934
  • 1934-1935
  • 1935-1936
  • 1936-1937
  • 1937-1938
  • 1938-1939
  • 1939-1940

Hijos del partido judicial de Noya

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais da sociedade "Calo y Viduido", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro (358 páxinas) de 364 actas das reunións dende 09/09/1920 ata 30/08/1964 (actas 1 a 280) e de 15/01/1965 ata 19/04/1985 (actas 1 a 84)

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Recibos

Recibos da sociedade "Calo y Viduido", conservados en formato dixital:

  • Recibo de 1933 polo aluguer dun local do "Centro Gallego de La Habana"
  • Recibo de 1953 polo aluguer dun local do "Centro Gallego de La Habana"
  • Recibo de 1971 por un servizo de vitrina da "Sociedad de Amistad Cubano Española" (SACE)

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad de instrucción, recreo y protección Hijos del Ayuntamiento de Buján", conservada en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Buján, Sociedad de instrucción, beneficencia y recreo

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das reunións das Xuntas Xerais da "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján" conservado en formato dixital e impreso: dixitalizadas as primeiras 17 actas, dende 05/03/1921 ata 27/10/1923 (37 páxinas).

Hijos del Ayuntamiento de Buján, Sociedad de instrucción, beneficencia y recreo

Heraldo Ortigueirés

Boletín informativo da sociedade "Naturales de Ortigueira" que vota a andar en 2005 coa intención de rescatar a revista homónima de que comezaron a publicar en 1942, para dar conta das convocatorias, os balances económicos e as actividades realizadas pola asociación.

Número conservado en formato papel:

2005: n. 1

Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira

Documentación do Panteón de Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Documentación do Panteón de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", inaugurado o 12/06/1938, conservada en formato dixital:

  • Libro auxiliar do Título do Panteón coa relación das exhumacións e inhumacións realizadas dende 31/07/1938 ata 17/07/2003 (67 páxinas)
  • Fotografía tomada na inauguración

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Resultados 61 a 80 de 247