Showing 99 results

Archival description
Venezuela
Print preview View:

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da entidade "Asociación Benéfica Hijos de Lalín", conservada en formato papel (fotocopias):

  • Acta da Asemblea Constitutiva do día 30/11/1983 que incorpora os Estatutos societarios (21 páxinas)

Asociación Benéfica Hijos de Lalín

Estatutos

Estatutos da "Asociación Benéfica Hijos de Lalín", conservados en formato papel (fotocopias):

  • Estatutos de 1983 (18 páxinas)

Asociación Benéfica Hijos de Lalín

O' Lucense : Órgano Informativo

Esta publicación está editada pola sociedade Fillos da Provincia de Lugo, integrada por socios da Hermandad Gallega de Venezuela, naturais da provincia galega. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia da provincia.

Número conservado en formato papel:

2001: n. 7

Asociación Civil Fillos da Provincia de Lugo

Xuntémonos

Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.

Número conservado en formato papel:

2001: n. 1 (ed. especial)

Asociación Civil Fillos de Ourense

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da Asociación Benéfica Provincia de Pontevedra conservada en formato papel (fotocopias):

  • Acta de constitución da sociedade do día 08/01/1988, que inclúe transcrición dos Estatutos societarios

Asociación Benéfica Provincia de Pontevedra

¡Terra! : Boletín Informativo

Esta publicación de carácter político, actúa como portavoz deste grupo, co obxectivo de loitar por unha España democrática e reivindicar a personalidade propia dos pobos catalán, galego e vasco. A revista recolle crónicas, artigos, comentarios e outro tipo de escritos arredor da situación socio-política en España.Tamén informa das opinións e reaccións políticas noutros países con respecto ao réxime franquista.

Número conservado en formato papel:

1974: n. 1

Junta Democrática de Galicia en Caracas

Libros de actas das reunións dos Consellos Directivos

Libros de actas das reunións dos Consellos Directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservados en formato dixital:

  • Libro nº 1 con 52 actas dende o 14/10/1960 ata o 12/04/1962 (200 páxinas)
  • Libro nº 2 coas actas 53 a 105 dende o 01/04/1962 ata o 20/07/1963 (160 páxinas)
  • Libro nº 3 coas actas 106 a 179 dende o 09/08/1963 ata o 15/02/1965 (200 páxinas)
  • Libro nº 4 coas actas 180 a 253 dende o 22/02/1965 ata 12/09/1966 (200 páxinas)
  • Libro nº 5 coas actas 252 a 353 dende o 22/09/1966 ata o 10/01/1969 (200 páxinas)
  • Libro nº 6 coas actas 354 a 427 dende o 24/02/1969 ata o 26/04/1971 (200 páxinas)
  • Libro nº 7 coas actas 428 a 495 dende o 17/05/1971 ata o 21/11/1972 (200 páxinas)
  • Libro nº 8 coas actas 496 a 603 dende o 22/11/1972 ata o 05/05/1975 (200 páxinas)
  • Libro nº 9 coas actas 604 a 707 dende o 12/05/1975 ata o 24/07/1978 (199 páxinas)
  • Libro nº 10 coas actas 708 a 797 dende o 25/07/1978 ata o 16/07/1980 (199 páxinas)
  • Libro nº 11 coas actas 798 a 885 dende o 30/07/1980 ata o 11/07/1983 (199 páxinas)
  • Libro nº 12 coas actas 886 a 983 dende o 18/07/1983 ata o 16/10/1985 (202 páxinas)
  • Libro nº 13 coas actas 984 a 1060 dende o 30/10/1985 ata o 13/10/1987 (200 páxinas)
  • Libro nº 14 coas actas 1061 a 1133 dende o 20/10/1987 ata o 18/12/1989 (200 páxinas)
  • Libro nº 15 coas actas 1134 a 1191 dende o 02/01/1990 ata o 27/04/1991 (200 páxinas)
  • Libro nº 16 coas actas 1192 a 1246 dende o 06/05/1991 ata o 14/09/1992 (192 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Folletos de actividades culturais

Folletos de actividades culturais organizadas pola "Hermandad Gallega de Venezuela", conservados en formato papel:

  • Díptico da inauguración do Teatro Rosalía de Castro de Caracas (1991)
  • Folleto do "XX Festival de Danzas Folklóricas Internacionales" (1999) (43 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Retratos de presidentes

Fotografías de retratos pictóricos da galería de presidentes da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservadas en formato dixital:

  • 2 fotografías de grupo
  • 1 fotografía de Ángel Feijoo, presidente en 1960-1961
  • 1 fotografía de Emilio Varela Vidal, presidente en 1961
  • 1 fotografía de Vicente Barcia Portela, presidente en 1962
  • 1 fotografía de Rogelio Moran Garcia, presidente en 1963
  • 1 fotografía de Álvaro Rodriguez, presidente en 1964-1965
  • 1 fotografía de José Gallego Pérez, presidente en 1966
  • 1 fotografía de Alfredo Caamaño Suarez, presidente en 1967
  • 1 fotografía de Jose Álvarez Tesouro, presidente en 1968-1970
  • 1 fotografía de Carlos Cabido Vaamonde, presidente en 1971
  • 1 fotografía de Jose Gerpe Pallares, presidente en 1972
  • 1 fotografía de Antonio Castro Rodríguez, presidente en 1972
  • 1 fotografía de Antonio Alvarez Tesouro, presidente en 1973-1974
  • 1 fotografía de Antonio Piñón Ferreiro, presidente en 1974-1975
  • 1 fotografía de José Cendón Muradas, presidente en 1976-1977
  • 1 fotografía de Felipe Somoza Outeiral, presidente en 1977-1978
  • 1 fotografía de José Varela Gil, presidente en 1979-1981
  • 1 fotografía de Manuel Ramos López, presidente en 1981-1983
  • 1 fotografía de Manuel Ulloa, presidente en 1983-1985 e en 1995-1997
  • 1 fotografía de Eduardo Meilán Sánchez, presidente en 1985-1987
  • 1 fotografía de Benito Álvarez Nieto, presidente en 1989-1991
  • 1 fotografía de Delmiro Perez, presidente en 1991-1993, en 1997-1999 e en 1999-2001
  • 1 fotografía de Luis Lorenzo Montenegro, presidente en 1993-1995
  • 1 fotografía de Manuel Dieguez Otero, presidente en 2001-2003
  • 1 fotografía de Felisindo Lopez Lorenzo, presidente en 2003-2005

Hermandad Gallega de Venezuela

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de actas do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada":

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)

Conservado en formato papel (fotocopias):

  • Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios dende o 24/03/1994 ata o 17/03/1996 (24 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Presencia de Galicia en Venezuela

Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".

Número conservado en formato papel:

[1989]: n. especial

Hermandad Gallega de Venezuela

Results 61 to 80 of 99