Amosando 66 resultados

Descrición arquivística
América Enquisas
Previsualización da impresión Ver:

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.

Centro Unión Orensana de La Habana

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.

Vivero y su comarca

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Enrique Labora Lesta, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, en contestación a un requerimento previo de información.

Xunto coa carta adxuntan a enquisa "As sociedades galegas no mundo".

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Asociación Unión Residentes de Vigo y Lavadores en Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Convite a unha actividade recreativa (1951)
Folla voandeira coa candidatura ás eleccións da directiva da sociedade (1951)
Memoria e balance xeral dos anos 1949-1951

Asociación Unión Residentes de Vigo y Lavadores en Buenos Aires

Asociación Unión Residentes de Outes

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

  • Estatutos (fotocopias)
  • Enquisa do CCG "Censo cultural" (Entidades)
  • Enquisa da Xunta de Galicia (1991)
  • Revista "Asociación Civil Unión de Residentes de Outes"

Asociación Unión Residentes de Outes

Asociación mutualista Residentes de Vigo

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Estatutos (1992)
Correspondencia dirixida ao Consello da Cultura Galega (1991-1992)
Recorte de prensa do xornal "Clarín" con imaxes de grupos folclóricos
Publicación "Vigo en Buenos Aires"
Memoria e balance xeral (1951-1962)

Asociación mutualista Residentes de Vigo

Resultados 61 a 66 de 66