Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:
Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.
Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.
Enquisas Censo Cultural relativas a Entidades e a Medios de comunicación, cubertas pola asociación Galiza Hoxe a petición do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservadas en formato papel.
Homaxes a Castelao publicadas polo Grupo Galego de Aarau, no 25º aniversario da súa morte (1975) e no centenario do seu nacemento (1986), conservadas en formato papel.
Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de Aarau, Evaristo Lago, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 13/10/1998, en contestación á súa solicitude de información. Nela informan do seu recente cambio de dirección.
Documentación adxunta:
Enquisa "As sociedades galegas no mundo", 8 páxinas, tamaño A4.
Portada, índice e primeira páxina do número 1 (set. 1998) da revista "Unión do galego" (fotocopias)
Edición bilingüe galego-castelán do proxecto de Estatutos da Federación de Asociacións Galegas na Suiza (FAGS) (03/1973), 12 páxinas
Borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), coa proposta de modificacións da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego (1980).
Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza aprobados no III Congreso celebrado en Lausana (26/05/1985), 5 páxinas (fotocopias)
Carta enviada por Abel Maseda, Presidente do Centro Galego Val do Rhin, a Maria Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 12/11/1996, para facerlle chegar a enquisa cuberta, así como unha circular coa Xunta Directiva elixida en Asemblea Xeral o día 26/10/1996, os Estatutos de 04/1979 e 1 emblema societario, conservados en formato papel.
Enquisas "Censo Cultural" relativas a Entidades, Persoas físicas e Medios de comunicación, cubertas polo Centro Galego de Londres a petición do Consello da Cultura Galega, conservados en formato papel.
Cartaz e folleto da Xunta de Organizacións Galegas en Europa polo II Día de Galicia, Día da Emigración Galega en Europa (18/04/1981), conservados en formato papel.