Amosando 143 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Memorias
Previsualización da impresión Ver:

5 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

"Retrospectiva 2006"

Folleto coas actividades desenvolvidas pola Asociación durante o ano 2006, conservado en formato papel.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Memorias e informes administrativos

Memorias que o Consello Directivo do Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" presenta aos seus asociados, conservadas en formato papel:

  • Memoria e informe administrativo correspondente á xestión realizada entre marzo de 1988 e febreiro de 1989 (11 páxinas)
  • Memoria e informe administrativo correspondente á xestión realizada entre marzo de 1996 e febreiro de 1997 (11 páxinas) (fotocopias)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Memoria da Sección de Propaganda

Memoria da Sección de Propaganda da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria dende 12/1927 ata o 28/12/1928 (5 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Casa de Galicia : El Día

Esta publicación societaria aparece como un suplemento da revista «Alma Gallega», voceiro oficial da entidade do mesmo nome. O número consultado de 1989, fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos setenta anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín dos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

1989 (72º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

Memoria do ano 1993

Memoria da "Sociedade Espanhola de Beneficência Hospital Espanhol" correspondente ao ano 1993 (37 follas), conservada en formato papel.

Sociedade espanhola de beneficência Hospital Espanhol de Rio de Janeiro

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires"

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada ao Presidente da sociedade "Hijos del Partido de Lalín" relativa ao proxecto de colaboración para a construcción dunha escola-hospital-asilo (05/10/1928)
  • Proxecto e memoria e balance da sociedade arxentina

Hijos del Partido de Lalín

Memoria 2010

Memoria "Sociedad Parroquial de Vedra : cien aniversario : 1910-2010"

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

Síntese informativa

Síntese informativa elaborada a modo de memoria sobre a actividade desenvolvida polo "Consello de Galiza" durante os anos 1960-1965, conservada en formato papel.

Consello de Galiza

Casa de Galicia : 90 años

Esta publicación fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos noventa anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, medios materiais e médicos, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín cos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

2007

Casa de Galicia de Montevideo

Resultados 61 a 80 de 143