Showing 128 results

Archival description
Arxentina Cartas
Print preview View:

5 results with digital objects Show results with digital objects

Correspondencia enviada

Libro do copiador e correspondencia enviada pola "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" nos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940, conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Correspondencia

Correspondencia da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" conservada en formato microficha:

  • 1921-1929
    -1932-1934
    -1937-1939
    -1940-1959
    -1945-1946
    -1954
    -1955-1960

Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires

Correspondencia e documentación recibida do Sindicato de Agricultores de Vedra

Documentación para o estudio do agrarismo do concello de Vedra enviada polo Sindicato de Agricultores de Vedra a esta sociedade:

  • Proxecto de Regulamento da "Sociedad de Agricultores de Vedra" (Vedra, 1912) (13 páxinas)
  • Acta e conclusións da "Primera Asamblea regional de Federaciones Católico-Agrarias gallegas" (Mondoñedo, 13/10/1920) (6 páxinas)
  • Boletín de la Federación Católico-Agraria de Santiago:
    • 1920: n. 30, 32-33
    • 1921: n. 35-39, 42, 45
    • 1922: n. 49
  • Regulamento do Sindicato de Agricultores de Vedra (Santiago de Compostela, 1921) (24 páxinas)
  • Listaxe dos socios do Sindicato de Agricultores de Vedra, inscritos por parroquias (1936) (3 páxinas)

Correspondencia enviada polo Sindicato de Agricultores de Vedra a esta sociedade:

  • 06/04/1915
  • 02/1931
  • 16/04/1934
  • 25/05/1934
  • 01/12/1935

Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires

Carta enviada ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas

O Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, escribe ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, para optar ao recoñecemento de galeguidade da entidade.

Xunto coa carta adxunta copia de:

  • Memoria e balance do ano 1999 (14 páxinas)
  • Acta fundacional (02/01/1954) (6 páxinas)
  • Estatutos (1954) (15 páxinas)
  • Outorgamento de Personería Xurídica n. 7782 (26/04/1982) (4 páxinas)
  • Escritura do inmoble (5 páxinas)
  • Xunta directiva vixente (1 páxina)
  • Fotografías de encontros sociais (1 páxina)

Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa

Carta dirixida a Eduardo Blanco-Amor

O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 22 de maio de 1927 en contestación á recibida o día 8 explicándolle as condiciones que deben darse para que se podan levar a cabo as súas peticións e desestimando a súa renuncia como socio.

1 carta manuscrita (copia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Correspondencia recibida

Correspondencia enviada ao "Consello de Galiza" en Bos Aires por diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Carta enviada á sociedade "Hijos del Partido de Lalín"

Carta do Presidente, Julio Lalín, e o Secretario, Antonio Castro, da "Asociación Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires", dirixida ao Presidente da Asociación "Hijos del Partido de Lalín" o día 08/01/1973 con respecto á fusión de ambas entidades.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Fax

Fax enviado por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino Fernández Santiago, o día 28/09/1998 en contestación á súa solicitude de información.

Centro Gallego de Santa Fé

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Enrique Labora Lesta, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, en contestación a un requerimento previo de información.

Xunto coa carta adxuntan a enquisa "As sociedades galegas no mundo".

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Carta do "Comité Ibero Americano al Servicio de la Independencia Española"

Carta enviada ao Presidente e membros da Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" por González Bayon, Secretario Xeral, e Jose Blanco Amor, Secretario, do "Comité Ibero Americano al Servicio de la Independencia Española" solicitando que se adhieran ao seu manifesto en favor da paz e pola retirada dos extranxeiros da contenda española, conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Impresos varios

Impresos varios en formato microfilme e dixitalizados:

  • Recortes de prensa
  • Notas
  • Correspondencia
  • Música
  • Fotografías

Centro Lucense de Buenos Aires

Results 61 to 80 of 128