Publicación societaria editada por esta asociación de emigrantes, onde a directiva informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.
Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.
Acta de constitución da Sección de Propaganda da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" do día 14/07/1921 (2 páxinas), conservada en formato dixital.
Contrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" no Centro Gallego da Habana do 01/08/1921 (2 páxinas), conservado en formato dixital.
Memorias dos traballos realizados anualmente, presentadas en sesións celebradas pola Xunta Xeral da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez":
Conservadas en formato dixital: memorias dos anos 1915, 1917-1919, 1922, 1925-1927, 1932-1938
Conservadas en formato dixital e impreso: memorias dos anos 1928-1931, 1939
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:
Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)
Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.
Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Recreo, Protección y Seguros mutuos Calo y Viduido" (10 páxinas) aprobado o 17/04/1926, conservado en formato dixital e impreso.
Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos