Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
1951: 33º aniversario
1952: 34º aniversario
1953: 35º aniversario
Asociación Residentes de Mos, de mutualidad, cultura y recreo
Prensa societaria dedicada principalmente a informar das actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade do concello da Estrada aos emigrantes naturais da zona que residían en Bos Aires. Contén ademais, algunha colaboración literaria, artigos de opinión, traballos sobre diversos aspectos da cultura galega e a emigración en xeral.
Esta revista societaria foi editada con carácter anual para informar aos socios da entidade editora das súas actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.
Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Comisión pro-unión de la colectividad gallega" dos anos 1947-1949, conservados en formato microfilme:
1947: 22 de xaneiro; 5 e 20 de febreiro; 5 e 19 de marzo; 13 e 25 de abril; 7 de maio; 4 e 9 de xuño; 11 de xullo; 23 de setembro; 16 de decembro
1948: 5 e 16 de xaneiro; 23 de xuño; 12 de xullo; 25 de agosto; 5 de outubro; 22 de novembro; 13 de decembro
Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das súas actividades, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.
Número conservado en formato microfilme e dixital: