Showing 1218 results

Archival description
América do Sur Emigración galega
Print preview View:

60 results with digital objects Show results with digital objects

Recorte de prensa de "El Debate"

Recorte de prensa de "El Debate", de xullo de 1936, onde aparece unha fotografía do centro escolar inaugurado e costeado por esta sociedade na súa parroquia natal.

Centro Bergondo y sus contornos

Hércules : tribuna independiente

Publicación societaria editada polas sociedades agrarias galegas en Bos Aires, co obxectivo de dar a coñecer as noticias e informacións de máis interese para os emigrantes da provincia da Coruña en Bos Aires. Inclúe artigos sobre os concellos e parroquias de Boqueixón, Oza, Vedra, Lestedo, realizando unha crítica moi dura á súa situación económica e social e aos poderes eclesiásticos. Tamén recolle a vida das institucións de emigrantes dos concellos de Teo, Rois, Ames, Boqueixón (asembleas, reunións, acordos, mocións). Por último, contén noticias da actualidade de Galicia e páxinas de pasatempos, arte e cultura. Sucede a "El Eco de Teo".

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1921: n. 59-71
1922: n. 72-82
1923: n. 83-90; 100-103
1924: n. 105-107; 109-112; 115-116
1925: n. 117-119; 121; 123; 125-127
1926: n. 128; 131; 134-135; 138-139
1927: n. 141-142; 145-148
1928: n. 152-159

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Separata

Separata: Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio : un proxecto innovador da Sociedade Pro Escuelas en Bandeira / Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez en "Estudios Migratorios", número 4 (dec. 1997), pp. 117-143

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

El Estradense : Publicación Mensual del "Centro Cultural del Partido de la Estrada"

Esta publicación societaria trata na súa maior parte das actividades e o labor da institución. Informa sobre a actualidade de Galicia e da comarca estradense (tomando como referencia as noticias recollidas na prensa galega). O resto da publicación son artigos de temática moi diversa (entrevista ao alcalde, historia e actualidade da Estrada, a emigración, o nadal, tradicións, cultura, etc.), que se complementan con colaboracións literarias e páxinas de ocio e gastronomía.

Números en formato papel:

  • 1988: n. 5
  • 1989: n. 11-12
  • 1992: n. 29, 31- 33
  • 1993: n. 45
  • 1994: n. 54- 56
  • 1995: n. 57-63
  • 1996: n. 73-74

Centro cultural del partido de La Estrada

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de actas das Reunións das Asembleas de Socios dos anos 1917-1957:

-1917: 30 de setembro
-1918: 17 de febreiro; 11 de agosto; 15 de decembro
-1919: 10 de agosto
-1920: 27 de xullo; 1 de agosto
-1921: 30 de xaneiro; 14 de xullo
-1923: 26 de setembro
-1924: 27 de abril; 24 de setembro
-1925: 20 de setembro
-1926: 12 de setembro; 26 de decembro
-1927: 29 de maio; 28 de agosto
-1928: 3 de xuño; 30 de outubro
-1929: 22 de setembro
-1930: 11 de xuño; 5 de outubro
-1931: 24 de maio; 6 de decembro
-1932: 25 de setembro
-1933: 8 de outubro
-1934: 3 de novembro
-1936: 12 e 26 de xaneiro; 27 de decembro
-1938: 24 de setembro; 12 de novembro
-1940: 14 de abril; 29 de setembro
-1941: 8 de xuño; 2 de novembro; 28 de decembro
-1942: 1 de novembro
-1943: 5 de setembro
-1944: 19 de novembro
-1945: 8 de decembro
-1946: 3 de novembro
-1947: 5 de outubro
-1948: 5 de outubro
-1949: 8 de outubro
-1950: 1 de outubro
-1951: 28 de outubro
-1952: 14 de setembro; 26 de outubro
-1953: 25 de setembro
-1954: 18 de xullo; 19 de agosto
-1955: 4 de setembro
-1956: 2 de setembro
-1957: 8 de setembro

Sociedad residentes de Cuntis

Libros de contabilidade

Balances económicos da "Sociedad Parroquias Unidas de Cotovad en Buenos Aires" conservados en formato microfilme e dixital.

Sociedad parroquias unidas de Cotovade

Estatutos reformados en 1948

Estatutos da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos" reformados o día 26/06/1948 e publicados en 1949, conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.

Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos

Portas : Revista de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Portas y sus contornos

Revista societaria creada para dar a coñecer aos seus socios a memoria e balance xeral da entidade, así como as actividades organizadas pola mesma. Aparecen diversos artigos sobre o concello de Portas e a súa bisbarra e tamén sobre persoeiros da cultura galega como Domingo Faustino Sarmiento, "propulsor de la enseñanza", ou Domingo Fontán Rodríguez. Edítase conmemorando o aniversario fundacional da sociedade.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1949: novembro

Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos

Alén Mar

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Números conservados en formato dixital, nun CD publicado polo Centro Ramón Piñeiro en 2007:

  • 1961: n. 1
  • 1962: n. 2
  • 1963: n. 3-4

Números conservados en formato papel:

  • 1962: n. 2
  • 1963: n. 3-4

Asociación Argentina de Hijos de Gallegos

Carbia : Revista editada por la Sociedad Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia

Esta publicación societaria está destinada a informar aos emigrantes do concello de Vila de Cruces, residentes en Bos Aires, sobre as actividades sociais; ademais aparecen artigos sobre Galicia e o seu concello natal.

Números conservados en formato papel:

Fotocopias:

  • 1961: n. 10-25, n. especial Bodas de Plata

Orixinal:

  • 2000: n. de novembro

Unión residentes del ayuntamiento de Carbia, hoy Vila de Cruces

Correo de Galicia : del "Grupo Nós" de Buenos Aires

Este periódico de información xeral recolle principalmente as novas da colectividade e as actividades das diferentes institucións, visitas de personalidades, etc., incluíndo noticias da actualidade galega (políticas, económicas, sociais) recollidas principalmente dos xornais editados aquí. Outros artigos fan referencia á historia da colectividade, á cultura galega, á emigración, á cociña galega, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1995: n. 1
  • 1996: n. 2-3, 5, 7-10
  • 1997: n. 11-12, 21-22
  • 1998: n. 27

Grupo Nós de Bos Aires

Mondoñedo : Publicación Oficial de la sociedad Mondoñedo y sus distritos

Publicación societaria que está dedicada na súa maior parte a informar das actividades e situación interna da Sociedad Mondoñedo y sus distritos de Buenos Aires. Inclúe ademais novas referidas á actualidade galega, especialmente da comarca de referencia, que aparecen recollidas en «Noticias de Mondoñedo». Defende os intereses locais, como o paso do ferrocarril central galego por Mondoñedo, e realiza diferentes chamamentos ás autoridades municipais. Por último, aparecen artigos e reflexións de temática moi variada e diversas colaboracións literarias.

Números conservados en formato microficha:

  • 1926: n. 4
  • 1927: n. 11, 13-14
  • 1928: n. 15-16

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Results 801 to 820 of 1218